ை Din que non caben pero ímolas a meter! PP, Cidadáns e PSOE respondan porque NON apoian #As5DelaPAH

ilcanallarubens_PAH Vigo_2015

Esta semana a PAH levou as 5 da PAH ás sedes dos partidos políticos que non se comprometen a poñer fin aos desafiuzamentos, as débedas para sempre e ás vivendas baleiras. Tanto Cidadáns como PSOE e PP seguen sen comprometerse con estas demandas de mínimos.

Ante unhas eleccións que configurarán o goberno da seguinte lexislatura, é inaceptable que a resposta de Cidadáns, ao máis puro estilo do PP,  sexa criminalizar ás familias que fixeron valer os seus dereitos durante  os últimos 7 anos. Cidadáns o que debería facer é afrontar o debate e explicar porque o seu programa electoral non inclúe as 5 da PAH: medidas de mínimos para dar unha segunda oportunidade ás familias, para garantir un teito e subministracións, e para acabar cos privilexios da banca apostando pola protección de dereitos da cidadanía.

O obxectivo da campaña As 5 da PAH é chegar á xente. É fácil de deducilo cando te atopas a xente de todas as idades coas súas camisetas verdes, cargados con flyers e os seus números cincos xigantes feitos de cartón e pintados a man. Só somos miles de familias defendendo o noso dereito á vivenda. Se quixésemos entrar nas sedes ou actos electorais, fariámolo sen un número cinco de 3 metros de altura que non entra por ningunha porta.  A estas alturas xa ninguén cre que cinco supeheroínas da PAH, cincos de cartóns xigantes e flyers informativos sexan violencia. Non somos parvas. E cando onte dabamos información recibíaa  agradecida e uníanse ás nosas reivindicacións. Isto non é unha democracia de patio de colexio, somos adultas e sabemos que desde a PAH tentamos todo e demostrado o noso compromiso, loitando cada día e en todos os espazos que se nos permite polo dereito á  vivenda de todas.

A verdade é que, ao final, tanto PP, como Cidadáns, como PSOE non responderon porque non inclúen esas 5 demandas urxentes e de mínimos que tanto necesitamos. Non será que, ademais de eludir responder, hai algúns interesados moi poderosos que non se mostran que non queren que se fale de desafiuzamentos, de dación en pago retroactiva e de dar unha función social ás vivendas baleiras?¿Ou de acabar cos cortes de auga, luz e gas das familias sen recursos? ¿É esta a campaña electoral dos bancos ou de Endesa?

Pase o que pase o 20D, gañen uns ou outros, estean no Goberno ou na oposición, a partir  do 21D seguirá a nosa presión a todos os partidos ata que  consigamos que o Congreso dos Deputados faga realidade #As5DeLaPAH.

Din que non caben pero ímolas a meter! ¡Si Se Pode!

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: