ை Liberan traballadores de Pepsi en Venezuela

Foto noticias24.com

Foto noticias24.com

Os liberados son o xerente da factoría e dous empregados de recursos humanos.

Tres traballadores venezolanos de Pepsi detidos o venres por un suposto desacato á Inspectoría do Traballo foron deixados en liberdade, informou este luns o grupo privado Empresas Polar, o maior do país.

“Pepsi-Cola Venezuela logrou obter liberdade plena sen restricións para os seus traballadores de Planta Caucagua detidos arbitrariamente o”venres , informou Polar na súa conta en Twitter.

Segundo a compañía, as liñas de produción na planta Caucagua, situada no estado Miranda, paralizáronse porque non contan cos permisos gobernamentais para obter divisas que permitan importar materias primas e insumos.

“Temos absoluta imposibilidade de acatar as leis (…) A Inspectoría do Traballo pretende ordenar activación de traballadores suspendidos, que é improcedente segundo a Lei Orgánica do Traballo”, asegurou a empresa.

Nun comunicado divulgado este luns engadiu que “non podemos incorporar a uns traballadores legalmente suspendidos, porque en Pepsi-Cola Venezuela Planta Caucagua non hai repostos nin laminado Tetra Pak para producir en 4 das súas 18 liñas”.

Polar, a principal produtora de alimentos do país e cuxo accionista maioritario é o venezolano Lorenzo Mendoza, foi acusada polo presidente venezolano, Nicolás Maduro, de sabotear a atribulada economía venezolana ao supostamente deter as súas produción.

O propio Mendoza tamén é fustigado publicamente por Maduro, e en outubro pasado a bancada chavista no Parlamento denunciouno ante a Fiscalía por traizón á patria e usurpación de funcións, ao haber presuntamente suplantado ao goberno en aparentes tratos co Fondo Monetario Internacional (FMI).

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: