ை Nadal, Nadal… pero que é iso?

Foto objetivoadeco.com

Foto objetivoadeco.com

Nadal, Nadal… pero que é iso?

Son esas datas caóticas, detestables, e nostálxicas que nos ateigan cada ano ao chegar o mes de Decembro. Un mes para moitos cargados de celebracións e de días festivos, pero tamén para outros moitos que se puidésemos os omitiríamos do calendario.

Por que o vulgo nesta época sempre leva consigo o mesmo repertorio de frases? :

» Bo nadal, Felices Festas, Próspero ano e etc…
Desde o meu punto de vista pregúntome día tras día nestas datas, porque esas mesmas sentenzas non se aplican aos demais días do resto do ano; por que non dicimos? :

» Feliz X… un día calquera do mes de Abril, ou porque non Feliz Semana Santa, ou Feliz Setembro… pero que pasa?, o resto do ano non queremos que os demais sexan felices?… en definitiva, son frases vas e ocas, baseadas nalgunha vella tradición invasora sen escrúpulos que as remontou ata os nosos días.

Son datas onde supostamente din que se respira paz e amor, onde se xunta a familia, hai reencontros… se, se, todo moi bonito e marabilloso, pero para un servidor a realidade desta época é moi diferente e discrepo deses pensamentos. O Nadal son datas de hipocrisía, días de puro consumismo e capitalismo, días odiosos onde só se escoitan repertorios de panxoliñas, cidades iluminadas (que algunhas parecen prostíbulos) mentres miles de fogares non dispoñen de luz eléctrica ou teñen que pedir para pagar un recibo ás eléctricas que non teñen sentimentos só avaricia de ser máis ricas a custo da clase obreira, persoas que che din as frases citadas anteriormente e en realidade, cando te miran outro día nin saúdan, mensaxes ao smartphone desexando unhas felices festas saturando os servidores dos provedores… podería seguir enumerando cousas e non terminaría de aquí ao próximo ano, por este motivo, prefiro parar aquí e non seguir ofuscándome xa que o meu fin non é amargar senón realmente expresar a realidade que algúns e algunhas tentan tapar cun dedo coma se fose posible tapar o sol cun.

Vou felicitar o Nadal, do mesmo xeito que xa o fixen con algunhas persoas por ser cortés e educado, non porque realmente senta algo especial nestes días, porque para o min todos os días deberían ser motivo de felicitacións e de desexos marabillosos para os demais, e escrito este post moi ao meu pesar dígovos: Bo nadal, pero sobre todo deséxovos Moitísima Felicidade o resto das vosas vidas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
O Nadal dá noxo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: