ை Os Mass Media fan un fraco favor cando hai un feminicidio

ilcanallarubens_o machismo mata_2015

Indígname. Cada vez que neste país temos a desgraza de que asasinen a unha muller a consecuencia das violencias machistas e que digan que faleceu cando realmente foi asasinada e teño que ver a noticia na televisión póñome de malo leite ou na prensa escrita. Sempre aparece un veciño dicindo que o asasino “era moi normal e moi amable” e outro que escoitara moitos berros e como pelexaban cando se produciu o asasinato.

Se que hai que ilustrar as noticias con imaxes e testemuños pero, por favor, a opinión dos veciños é absolutamente irrelevante a nivel informativo e, ademais, é obvio que se é capaz de matar á súa parella, ou a calquera, moi normal que digamos non era o individuo?E eses veciños que todo o oen e nada din? Mmm… Por que en lugar de contalo pola tele ou dar declaracións á prensa escrita non chaman á policía para tratar de evitalo?

Indígname que se trate de relacionar estes asasinatos con condutas pasionais ou que se “xustifiquen” con circunstancias persoais, económicas, psicolóxicas ou sociais. Deberiamos deixar o morbo para outras ocasións? Non poderiamos cambiar estes totais por outros nos que se condene esta secuela social que, por certo, non é un problema persoal senón global?

Os xornalistas deberían, de cando en vez, contar algún caso de mulleres que son capaces de saír dunha situación de malos tratos e de superalo, lembrar que existe un número, o 016, que non deixa rastro na factura e ten a persoas detrás dispostas a botar unha man e dicir a esas mulleres que se vaian desa casa, que pidan axuda e que non volvan mirar atrás.

Os alcaldes deberían de destinar máis diñeiro público do concello en campañas fortes e impactantes e en educacíon como tamén en axudar ás mulleres que sofren violencias machistas e aquelas que teñen cargos como fillos, fillas ou a un pai ou nai e non deixando que asociacións, plataformas dean ese servizo cando o servizo é público, quizais me este metendo nun bardo ao dicir isto último pero creo que debería ser cuestión publica de todos e todas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]68672_710707492363598_6206796322905465936_n

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: