ை Cada día prodúcense 6.400 ameazas para Android

ilcanallarubens_Android-Security_2015Infographic-MWR-Q3-New-Malware-years-EN-web_65888w300h250Durante o primeiros nove meses de 2015 rexistráronse 1.575.644 novas mostras de malware para Android, superando xa a cifra alcanzada en todo o ano 2014 (1.548.129). E é que, tan só no terceiro trimestre do ano, rexistráronse nada menos que 574.706 novas ameazas.


A un ritmo de case 6.400 novas ameazas ao día esta cifra representa un 50% máis de ameazas que as rexistradas no mesmo período de 2014.

Son datos da firma de análise G DATA que mostran o preocupante panorama da seguridade en contornas Android.

As versións antigas de Android, a principal causa de riscoImageProxy

Máis do 80 por cento dos usuarios enquisados por esta firma estaban a funcionar cunha versión obsoleta de Android que incorpora vulnerabilidades xa coñecidas e apenas un 20 por cento levaba instalada unha versión actualizada do
sistema operativo (estatísticas de outubro de 2015, cando aínda non estaba dispoñible o último sistema operativo ‘Marshmallow’).

Os motivos máis habituais para funcionar cunha versión antiga teñen que ver co desfasamento entre que Google ofrece a súa actualización e o momento en que esta é liberada polos operadores móbiles, así como a dispoñibilidade e compatibilidade das devanditas actualizacións para dispositivos antigos.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: