ை Unha noite con Rimbaud

ilcanallarubens_2015

A vontade do ser humano… non existe, nade pediu ou quixo nacer. Estamos aquí, si, algúns sen desexalo. Cal é o sentido da vida? – Non penses que estás por estar, vive, ama, se feliz: traballa, sofre, se miserable. Nacer: existir. Estar vivo sen querelo.

Seguramente eu tampouco quería nacer. Lixo! Lixo! Máis lixo! Lixo occidental, sistema da lingua, palabras… Que ganas de ser máis animal! Pasaron séculos e sigo dubidando das mesmas miserias, pero que sería eu sen as miñas miserias? Seguro un animal máis puro. Eles son, viven e existen. Nós somos arrogantes e egoístas, inventamos o mundo ao que chegamos, crémonos donos da realidade. Falamos, dicimos, gritamos… Que importa!

Ah! Río de min. Mírome ao espello, doume mágoa e choro pola miña va existencia. – Deixa de sufrir-. Quen dixo que sufro? El o díxo antes que eu e gustoume tanto o que dixo -A ninguén lle importa o outro-. Canta razón!

Cuspiríame se puidese e logo arrouparíame na cama con tanto amor -Libérache!-. Seica podo? Oxalá tivese un botón de suprimir, ou borrar, iso sería liberador. Necesito morrer para volver nacer, polo menos, desexaría nacer. Desexo afogarme, dáme un cigarro, un bico, sexo, amor… Amor? Outro invento da nosa insignificante posta en escena sobre o mundo. Ninguén o coñece ópticamente, nin o viu ou probado, xa nin se queira iso “é”, agora funciona como un ben desechable. Óptico? Que sei eu o que iso significa en verdade! E a verdade igual, e todas estas palabras, en fin. Lixo, lixo, máis lixo! O teito derrúbase na miña cabeza e o chan non me deixa levantar os pés.

O mundo é tan grande, e xogamos a ser humanos ou nos xogan. Quixese participar no meu parto, agarrar o cordón umbilical e aforcarme alí mesmo, durante a cesárea. Liberdade! Dixéronnos que podemos elixir e construír, en serio? Eu quero ser o Quixote, Wherther, Martin Fierro, Belgrano, Bolivar, Madame Bovary, Juana de Arco, Ana Bolena, Lor Byron, Hamlet, Segismundo…Rimbaud, el debese ser Deus! El é o meu pastor, nada me faltará. Gregos, romanos, españois, latinos, todos malditos, bastardos! Son un bastardo, son a teu fillo. Eu nacín, estou vivo, amo, son feliz.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
E un simple delirio que calquera parecido coa realidade é pura coincidencia

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: