ை En Europa, salario mínimo mensual é ata de 1.923 euros

ilcanallarubens_salario mínimo mensual_2015

O salario mínimo en 22 dos 28 países da Unión Europea, que o teñen fixado por lei ou convenio intersectorial, oscila entre os 1.923 euros mensuais de Luxemburgo e os 194 euros de Bulgaria, segundo os datos de Eurostat referidos ao segundo semestre de 2015.

España foi este ano o noveno país europeo en función da contía do seu salario mínimo, con 757 euros, aínda que se sitúa nun segundo bloque, o dos países con retribucións entre os 500 e 1.000 euros.

Este ano, sete estados membros contan cun salario mínimo superior aos 1.000 euros mensuais, encabezado por Luxemburgo (1.923) e seguido por Reino Unido (1.510), Holanda (1.508), Bélxica (1.502), Alemaña (1.473), Irlanda (1.462) e Francia (1.458).

Un segundo bloque, cos cinco estados membros con salarios mínimos que oscilan entre os 500 e os 1.000 euros, está encabezado por Eslovenia (791) e seguido por España (757), Malta (720), Grecia (684) e Portugal (589). Por último e nun terceiro bloque, o daqueles países con salarios inferiores aos 500 euros, sitúanse Polonia (418), Croacia (399), Estonia (390), Eslovaquia (380), Letonia (360), República Checa (338), Hungría (333), Lituania (325), Romanía (235) e Bulgaria (194).

Entre os países nos que máis subiu o salario mínimo este ano atópase Reino Unido, onde, segundo os datos de Eurostat, pasouse de 1.379 euros no primeiro semestre a 1.510 no segundo, 131 euros máis. Por horas, o salario mínimo en Reino Unido varía segundo a idade: 9 euros por hora para maiores de 21 anos; 7,1 euros para o tramo de idade comprendido entre 18 e 21, e 5,2 euros para os menores de 18 anos.

En Irlanda, o salario mínimo mantívose invariable desde 2007 en 8,65 euros para as persoas con experiencia laboral, mentres que en Alemaña é algo menor, 8,5 euros por hora.

En seis países da UE: Dinamarca, Italia, Chipre, Austria, Finlandia e Suecia, o salario mínimo non está fixado por lei.

En Suíza, país europeo que non pertence á UE, tampouco hai salario mínimo, aínda que en maio de 2014 celebrouse un referendo para fixar unha retribución deste tipo que foi rexeitada por máis do 70 % dos suízos.

Se dita proposta aprobouse, Suíza contaría co salario mínimo máis alto de toda Europa, uns 4.050 euros ao mes para un emprego a tempo completo de 42 horas á semana.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: