ை Apple pagará 318 millóns de euros en impostos evadidos

ilcanallarubens_apple pagará 318 millóns de euros_2015

A filial en Italia do grupo informático estadounidense aceptou pagar a multa tras unha investigación por fraude fiscal.

Os servizos antifraude acusaron a Apple Italia de non pagar o Ires, o imposto de sociedades, entre 2008 e 2013, indica o diario.

De momento non se puido obter confirmación por parte de Apple Italia, que depende da sede europea do grupo na cidade irlandesa de Cork.

A investigación comezou en 2013 e, segundo A Repubblica, a compañía debería pagar preto de 800 millóns de euros en impostos entre 2008 e 2013. Pero meses de negociacións entre o fisco italiano e a empresa permitiron reducir a factura a 318 millóns de euros -uns 347 millóns de dólares-.

Apple e outras multinacionais estadounidenses como Amazon ou Facebook son acusadas a miúdo de zafarse dos impostos, tanto en Estados Unidos como en Europa, ao instalarse en países onde a fiscalidade resúltalles máis favorable.
“ACORDOS FISCAIS”
A Comisión Europea lanzou a principios de decembro unha investigación sobre as vantaxes fiscais das que se beneficia o xigante estadounidense da comida rápida McDonald’s en Luxemburgo, e nunca ocultou que estudaba os casos doutras multinacionais.

Bruxelas podería sancionar nos próximos meses os acordos fiscais asinados por Apple en Irlanda e os de Amazon en Luxemburgo.

Moitas compañías da Silicon Valley californiana como Google, Apple, Microsoft e Facebook instalaron as súas sedes europeas en Irlanda, para aproveitar unha fiscalidade vantaxosa que só grava nun 12,5% os beneficios das empresas. A modo de comparación, o Ires italiano é do 27,5%.

Esas multinacionais gozan de acordos fiscais asinados cos Estados, que lles permiten escapar en parte ou totalmente aos impostos nos países europeos nos que están implantadas.

A finais de outubro, tras unha investigación de máis dun ano, a Comisión Europea asestou un duro golpe ás vantaxes fiscais concedidas ás multinacionais por varios Estados europeos, esixindo do grupo automobilístico italiano Fiat e da cadea estadounidense de cafeterías Starbucks que reembolsaran as axudas percibidas “ilegalmente” en Luxemburgo e en Holanda, respectivamente.

O conselleiro delegado de Apple, Tim Cook, cualificou recentemente de estupidez “política” a acusación de que o seu grupo trata de non pagar impostos en Estados Unidos, e dixo que o actual sistema fiscal está inadaptado para a economía da internet.

Algunhas multinacionais acusadas de levar a cabo esas prácticas de optimización “fiscal”, entre elas Google e Amazon, afirmaron o 16 de novembro ante o Parlamento Europeo que se toman en serio as súas obrigacións co fisco.

O mesmo día, os xefes de Estado e de goberno do G20 adoptaron, durante un cume en Antalya (Turquía), un plan para loitar contra a evasión fiscal das multinacionais elaborado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE).

O proxecto aprobado prevé, entre outras cousas, obrigar as empresas para detallar os seus resultados e a súa carga fiscal en todos os países.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: