ை En Venezuela, están prohibidos os despedimentos ata o 2019

ilcanallarubens_prohibidos os despedimentos venezuela_2015

O Goberno prorrogou por tres anos o decreto, no medio dunha economía que, segundo organismos internacionais, contraerase máis dun 7 % este ano e presenta unha inflación por encima do 100 %.

“O presidente (de Venezuela, Nicolás Maduro) aprobou o decreto con rango valor e forza de lei de Inamovilidad Laboral (…) Tres anos de protección dos traballadores e as traballadoras”, anunciou nunha rolda de prensa o vicepresidente efectivo, Jorge Arreaza.

Venezuela conta desde fai máis de tres anos cunha Lei de Traballo que establece o pago dobre en caso de despedimentos inxustificados e o cálculo das prestacións con base no último salario.

Ademais prevé unha xornada laboral de 40 horas diúrnas semanais e non de 44, como estaba estipulado na normativa anterior, e elimina a “tercerización” de actividades ou subcontratación.

A normativa é criticada polas patronais por considerar que non fomenta a produtividade laboral.

Venezuela sufriu a perdida de máis do 60 % dos seus ingresos como consecuencia da caída dos prezos internacionais do petróleo, do que o país suramericano obtén 9 de cada 10 dólares que ingresan á súa economía.

Segundo a Comisión Económica para América Latina e o Caribe, a economía de Venezuela contraerase un 7,1 % este ano e un 7 % en 2016.

O presidente venezolano anunciou hai semanas que estaba a traballar nun conxunto de medidas para reflotar a economía do país.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: