ை O prezo dos envíos transfronteirizos dificulta o e-commerce na UE

 

ilcanallarubens_e-commerce_2015

Cada ano, en Europa realízanse case 4.000 millóns de pedidos online, que se traducen na entrega dese mesmo número de paquetes. Pero só unha pequena parte destes envíos realízase dun país a outro da Unión. Por que razón? Fundamentalmente, polos altos custos destas entregas transfronteirizas.

Os consumidores europeos poderían estar a aforrar 11.000 millóns ao anose puidesen elixir entre a gama completa de bens e servizos dispoñibles no mercado europeo. O abaratamento e transparencia dos prezos tamén alentaría, segundo a Comisión Europea, a cada vez máis comerciantes polo miúdo a vender online.

O vicepresidente Andrus Ansip, responsable do mercado único dixital, afirmaba que “hoxe en día, a miúdo custa moito máis enviar que lle envíen a casa algo que compramos noutro país da UE que cando o envío é nacional, mesmo se a distancia percorrida é a mesma. Os altos prezos e a ineficiencia dos servizos de paquetería transfronteiriza disuaden a moita xente de vender ou comprar a outros países da UE. Isto significa que o e-commerce non está a ser usado en todo o seu potencial“.

Pola súa banda, a comisaria de Mercado Interior, Industria e Emprendimiento, Ożbieta Bieńkowska, afirmaba que o seu obxectivo é que os envíos transfronteirizos sexan máis alcanzables para individuos e Pemes, pero non a través da regulación de prezos, senón aumentando a transparencia e a competencia.

Nese sentido, a Comisión Europea fará canto estea na súa man para desalentar o ‘sinsentido’ que representan as amplas diferenzas entre os prezos de entrega dentro da Unión Europea. Unha diferenza que, na maior parte dos casos, non se xustifica por razóns como salarios ou distancia xeográfica.

Que datos apoian o posicionamento da Comisión Europea?

Un novo estudo realizado pola Universidade de Saint-Louis confirma a percepción da Comisión acerca da disparidade de prezos, así como sobre a desconexión entre custo real e prezo da entrega no caso dos envíos transfronteirizos.

Exemplo con prezos de Bélxica, Países Baixos e España

Prezo interno en BE: € 6.50

Prezo interno en NL: € 6.95

Prezo interno en E: €8.58

Prezo de BE a E: € 26,10

Prezo de NL a E: €13,00

Prezo de É a BE e NL: € 32,74

Outro dos datos cos que traballa a CE é a consulta feita pública en maio deste 2015, que mostra que os prezos constitúen un problema real para consumidores e comerciantes polo miúdo ao longo de toda a UE. Uns datos que confirman as conclusións do Eurobarómetro sobre e-commerce (aquí en PDF) publicado nas mesmas datas.

Vía | Dixital Axenda for Europe

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: