ை Menos do 50% do mundo ten acceso a internet

Imaxe meetup.com

Imaxe meetup.com

A velocidade á que poden conectarse e a capacidade de descarga varían en función do desenvolvemento da rexión onde se viva.

Un 43,3 % da poboación mundial, uns 3.200 millóns de persoas, teñen acceso a internet, segundo o informe Medición da Sociedade da Información.

O texto, publicado hoxe pola Unión Internacional das Telecomunicacións (UIT), revela tamén que actualmente existen no mundo uns 7.100 millóns de subscricións ao servizo móbil. Así mesmo, máis do 95 % da poboación mundial pode recibir un sinal móbil celular.

Ao final deste ano, o 46 % dos fogares terá acceso a internet, con respecto ao 44 % o ano pasado e apenas o 30 % en 2010. Nos países desenvolvidos, o 81,3 % dos fogares dispoñen agora de acceso a internet, en comparación co 34,1 % dos fogares nos países en desenvolvemento e apenas o 6,7 % nos 48 países que figuran na lista de países menos adiantados (PMA).

Os datos máis recentes mostran que a utilización da internet hase desacelerado, rexistrándose un crecemento anual do 6,9 % con respecto ao 7,4 % alcanzado en 2014. Con todo, o número de usuarios da internet nos países en desenvolvemento case se duplicou no últimos cinco anos (2010-2015), e neses países viven actualmente dous terzos das persoas conectadas no mundo.

O crecemento máis rápido segue observándose na banda ancha móbil, cuxo número de subscricións en todo o mundo cuadriplicouse en cinco anos, pasando de 800 millóns en 2010 a 3.500 millóns en 2015.

O número de subscricións á banda ancha fixa aumentou máis lentamente e actualmente estímase en 800 millóns. O informe inclúe o Índice de Desenvolvemento das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación) 2015 e compárao cos datos de 2010.

O Índice é un barómetro sobre os niveis de acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación, a utilización desas tecnoloxías e os seus coñecementos na materia en 167 países do mundo. Corea do Sur ocupa o primeiro posto no Índice, seguido moi de preto por Dinamarca e Islandia.

Nos 30 primeiros postos do Índice figuran países de Europa e nacións e territorios de altos ingresos doutras rexións, como Australia, Baréin, Barbados, Canadá, Hong Kong (China), Xapón, Macao (China), Nova Zelandia, Singapura e Estados Unidos. España sitúase no posto 26 no ranking mundial, mentres que en 2010 ocupaba a posición 30. A nivel rexional (43 países europeos) España ocupa a posición 17.

En Europa, todos os países excepto Albania sitúanse na metade superior dos países na clasificación, o cal indica os niveis elevados de desenvolvemento económico da rexión.

As principais posicións da clasificación rexional están ocupadas na súa maioría por países de Europa do Norte e Europa Occidental, en particular polos Países Nórdicos; as clasificacións máis baixas concéntranse en torno ao Mediterráneo e a Europa Oriental.

Por outra banda, no Informe identifícase a un grupo de países “máis dinámicos”, que rexistraron melloras superiores á media na súa clasificación, segundo o IDI, no últimos cinco anos.

Estes inclúen (a orde corresponde aos países que lograron cambios máis importantes na clasificación) a Costa Rica, Bahrein, Líbano, Ghana, Tailandia, Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Surinam, Kirguizistán, Bielorrusia e Omán.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: