ை Apple perdeu 160.000 millóns de valoración en bolsa

Foto qore.com

Foto qore.com

Apple é, a día de hoxe, a maior compañía de EEUU por capitalización bolsista (550.000 millóns de dólares), e as súas accións contan cunha merecida fama de refuxio seguro: do últimos seis anos, o seu valor subiu por encima do 25% en cinco dos mesmos. Pero agora pecharon o ano en números vermellos (cunha caída do 3,7%) por primeira vez desde 2008.

Asombroso descenso en só 8 meses

O prezo das accións dos de Cupertino reduciuse nun 17,5% desde que a compañía debutou no índice Dow Jones en marzo de 2015, e chegaron a perder ao redor dunha quinta parte do seu valor desde o máximo que alcanzaron o 28 de abril de 2015 (134,54 dólares).

Ese descenso do 20% en tan só 8 meses supón unha perda de 160.000 millóns de dólares. Para facernos unha idea do que representa dita cantidade, ese foi o prezo que a farmacéutica Pfizer pagou en novembro para facerse coa súa competidora Allergan, e equivale ao valor de 477 das 500 empresas que conforman o índice S&P 500.

Este comportamento das accións de Apple (xunto co dos prezos do petróleo)influíu igualmente nas baixadas de varios índices bolsistas de Wall Street: tanto o Dow Jones como o&S P 500 pecharon 2015 en negativo, marcando tamén o seu peor dato desde 2008. No caso do Dow Jones a baixada foi de 2,2%, mentres que o selectivo S&P 500 retrocedeu levemente (un 0,7%) fronte aos datos do ano pasado.

O poder das opinión dos analistas

Pero… ¿que provocou este descenso das accións de Apple? Non se debeu a unha noticia catastrófica nin a malos datos económicos, senón ás expectativas dos analistas. Concretamente a dous informes:

  • O primeiro, da firma chinesa IDC, que prevé que o crecemento das vendas globais de smartphones (non só iPhones) reduciríase do 27,6% de 2014 ao 11,3% de 2015.
  • O segundo, de Morgan Stanley (elaborado polo seu analista tecnolóxica Katy Huberty), avisa dunha caída das vendas de iPhone do 6% en 2016(218 millóns de dispositivos fronte aos 231 mill. que se estima que venderían en 2015). Baseábase, para iso, nos anuncios de retrocesos de beneficios de varios provedores de compoñentes do iPhone, como Dialog Semiconducts (vende aos de Cupertino o 90% da súa produción) ou Jabil Circuit (fabricante das carcasas do iHone 6 e 6S).

Con todo, das 49 casas de bolsa, 41 delas manteñen unha cualificación positiva das accións de Apple. De feito, o consenso de mercado que reúne FactSet valora en 146,05 dólares as accións da compañía. Veremos se o lanzamento do iPhone 7 este ano converte esas cifras en realidade.

Vía | Business Insider

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: