ை Os prezos do petróleo pecharon o 2015 con fortes perdas

Foto libremercado.com

Foto libremercado.com

Este ano pasado, o cru sufriu drásticos recortes provocados polo exceso de oferta nos mercados e a desaceleración en China, o maior consumidor enerxético do mundo xunto a Estados Unidos.

O prezo do petróleo intermedio de Texas (WTI) subiu hoxe un 1,2% e pechou a última sesión do ano en 37,04 dólares o barril, para terminar 2015 cunha forte caída acumulada do 30,4%.

Ao final da sesión de operacións a viva voz na Bolsa Mercantil de Nova York (Nymex), os contratos futuros do petróleo WTI para entrega en febreiro subiron 44 centavos de dólar respecto ao peche anterior.

Desta forma, o petróleo de referencia no país termina o ano 2015 cunha forte caída do 30,4%, o que supón 16,23 dólares menos en relación aos 53,27 dólares nos que pechou o 31 de decembro de 2014.

Pola súa banda, o barril de cru Brent, de referencia en Europa, pechou hoxe a última sesión de 2015 no mercado de futuros de Londres en 37,10 dólares, o que representa unha caída anual do 34,7% respecto dos 56,82 dólares con que concluíu 2014.

O prezo do WTI protagonizou hoxe unha xornada de gran volatilidade na que estivo a piques de perder a barreira dos 36 dólares na primeira hora de cotizacións aínda que na recta final remontou posicións e logrou terminar a sesión con ganancias.

O petróleo de referencia en Estados Unidos, do mesmo xeito que o cru Brent, segue sen levantar cabeza e encadea desta forma o seu segundo ano de fortes perdas, e acumula desde mediados de 2014 unha contundente caída próxima ao 70%.

Doutra banda, os contratos de gasolina para entrega en xaneiro, que aínda se seguen tomando como referencia, subiron 3 centavos e quedaron en 1,26 dólares o galón, para terminar o 2015 cun descenso acumulado do 12%.

Mentres, os de gasóleo de calefacción para entrega nese mesmo mes, que tamén seguen sendo os de máis próximo vencimiento subiron 2 centavos e terminaron en 1,10 dólares o galón, co que acabaron o ano cun retroceso do 37%.

Finalmente, os contratos de gas natural para entrega en febreiro, os de máis próximo vencimiento, subiron 22 centavos e terminaron en 2,33 dólares por cada mil pés cúbicos, pero pechan o ano cunha caída próxima ao 19%.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: