ை Jay o desapercibido.

ICR-Photographer© Travesia Alfonso XIII Martes 5 de Maio de 2015 16:10h

ICR-Photographer© Travesia Alfonso XIII Martes 5 de Maio de 2015 16:10h Vigo

Abre os ollos lentamente,
Trata de ver o ceo,
Sabe que non é un día perfecto.
Camiña moi amodo,
Tratando pisar forte,
O corpo fáiselle pesado.
Corre escaleira abaixo,
Buscando algún camiño,
Que o leve a outro lugar.

Apenas deixa as súas pegadas,
Déixase a vida atrás,
Ninguén saberá onde irá.
Jay, cansado de soñar,
Está a piques de saltar,
Ao bordo da cornixa
Ponse a pensar.

“mírache, vivín, corrín,
E ninguén fixo un intento por parar,
As miñas ganas, os meus soños,
Agora mesmo son suspiros no mar.
Como quixese renacer,
Como quixese non errar,
Como quixese non ser Jay
Nin sentir esta soidade.”

Non gozou de moita sorte,
Se dun bo corazón.
Mágoa que se arrefriou.
Tivo diñeiro e fama un tempo,
Mulleres, homes, drogas e alcohol,
Efémera e fugaz, como non.

“Daría todo por cambiar”
Pero está a piques de voar,
Con cinco gramos encima,
Non pode reaccionar.
Pobre Jay, canso, esgotado
Dunha vida que sen vicios era mellor,
Familia e amigos
Quizais cantas máis persoas espantou.

“como quixese eu volver,
E empezar de novo e ben,
Como quixese non ser Jay,
Nin sentir esta soidade.
Quixese poder atopar,
A alegría ao espertar,
Buscar na simplicidade,
A miña abandonada humildade.”

Jay volvendo camiñar,
Jay volvendo rexurdir,
Jay, xa sabe que facer,
Hoxe sorrí ao respirar.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Jay, a súa historia que pasou desapercibida polos vigueses e viguesas que inmersos estaban na súa cegueira intoxicada.

Unha homenaxe ao Gringo para min Jay.
A loita pola estrela vermella esta apunto de dar os seus resultados.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: