ை Radiografía do ‘porno’ online

ilcanallarubens Radiografía do porno online_2016

Seguimos en tempada de resumos e análises do pasado ano 2015, aínda que algúns destes informes son, canto menos, curiosos. Falamos en concreto da infografía que presentou Pornhub, un popular sitio online de contidos eróticos que publicou distintos datos para axudarnos a comprender cales son as preferencias dos internautas á hora de consumir pornografía na Rede, os termos máis buscados e as diferenzas entre os distintos países do mundo.

Nese sentido, en 2015 consumíronse nada menos que 87.849 vídeos pornográficos, que sumaron un total de 4.392 millóns de horas de visionado, tan só neste sitio web, o que equivale a retransmitir uns 75 Gb. de datos por segundo. Dito doutro xeito, se dividimos o número de vídeos eróticos que se viron o pasado ano entre o número total de habitantes da Terra, toca a 12 vídeos vistos por cada humano que habita que este planeta. Ou, se se prefire, é o equivalente para encher toda a memoria de todos os iPhone vendidos en 2015 con pornografía.

Por países, Estados Unidos e Reino Unido seguen á cabeza en canto a consumo de pornografía refírese, levantándose á terceira praza India, que supera así na marcadora a Canadá.Alemaña, Francia, Australia, Italia, Brasil e México pechan o “top five? de visitas de Pornhub. España perde dous postos nesta peculiar clasificación, conformándose coa décimo terceira praza e sendo superada por nacións como Rusia ou Xapón.

ilcanallarubens Radiografía do porno online_00_2016

Esta particular distribución sitúa á fronte do consumo de pornografía a algúns dos países máis habitados do mundo polo que, fagamos máis xusta a pelexa. E se medimos o consumo de vídeos eróticos nesta web ‘per cápita’? Neste caso, os resultados sitúan aos países nórdicos como os máis afeccionados a este tipo de contidos, xa que (aínda que Estados Unidos, Candá e Reino Unido mantéñense á fronte), Islandia, Noruega, Suecia e Dinamarca copan catro dos dez primeiros orixes das visitas a Pornhub.

Canto tempo quedan vendo os vídeos eróticos?

Esta plataforma de vídeos pornográficos tamén facilitou información sobre o tempo medio que os seus usuarios ven os distintos contidos subidos á súa web. Nese sentido, a media mundial sitúase nos 9 minutos e 20 segundos, aínda que países como Filipinas chegan a visionar ata 12 minutos e 45 segundos deste material. Entre os que menos tempo aguantan vendo os vídeos porno? Os cubanos (5:11”) e os mongoles (6:15”). Os españois, á súa vez, consomen de media uns 8 minutos e 4 segundos destes vídeos.

ilcanallarubens Radiografía do porno online_01_2016

Por horas, a web detectou unha importante diferenza entre os días de semana (cando moitos dos seus usuarios traballan ou estudan) e os fins de semana (nos que o lecer nocturno e a vida social impóñense sobre outros “praceres”). Así pois, as horas de maior consumo de vídeos pornográficos na Rede de luns a venres compréndense entre as nove e as once da noite (cun pequeno repunte tamén á hora de madrugar, entre as seis e as oito da mañá). Pola súa banda, os fins de semana levan o maior pico de visitas a Pornhub a horas intempestivas (como a franxa de dúas a catro da madrugada) e á mañá, entre as 10 e as 12 do mediodía.

Cales son as palabras crave máis buscadas?

Tamén resulta intrigante coñecer cales foron as tendencias e as palabras crave máis buscadas en Pornhub durante 2015. E, do mesmo xeito que xa fixo Google coas súas procuras (menos picantes que as que hoxe tratamos), a web non dubidou en mostrar as keywords máis tecleadas polos internautas á hora de buscar contidos subidos de ton. Os contidos lésbicos son os máis desexados polos usuarios desta plataforma, desbancando así aos vídeos protagonizados por “teens” (xovenes). en terceiro lugar sitúanse as “step mom” (ou madrastras) mentres que en cuarto lugar aparecen con forza os vídeos pornográficos de debuxos animados. As outrora de moda milf (nais ou mulleres maduras) baixan dous postos na táboa para colocarse en quinto lugar.

ilcanallarubens Radiografía do porno online_02_2016

No caso de España, os termos de procura varían notablemente, principalmente por mor das diferenzas lingüísticas co mundo anglosaxón. Deste xeito, ‘spanish’ segue sendo a keyword máis buscada no noso país, seguida por ‘espagnol’. Iso si, moita atención a novas tendencias como o ‘3D hentai’, cuxas procuras aumentaron máis dun 600% , as mulleres maduras (+456%) ou o intercambio de parellas (386%).

ilcanallarubens Radiografía do porno online_03_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: