ை Hai que ter un tocadiscos!

Foto Sony

Foto Sony

Co rexurdimento global do vinilo cousa que para min non e tal xa que o nunca me desfixen del, Sony anuncia un novo tocadiscos de gama alta que permite aos propietarios de discos de vinilo gozar dos seus temas preferidos con mellor calidade, mesmo en movemento.

O Sony PS-HX500 permite converter unha colección de vinilos en arquivos dixitais con calidade de audio de alta resolución (equivalente a calidade DSD), para que poidas gozar do seu son único en calquera lugar.

Ademais, está pensado para amantes da música, por iso está deseñado para ofrecer a mellor calidade sonora posible e tratar os teus vinilos co respecto que se merecen.

Desde o novo brazo fonocaptor ata o prato fundido baixo presión e a propia base, todos os compoñentes foron calculados coidadosamente para ofrecer unha magnífica calidade musical.

O brazo fonocaptor recto, deseñado coa agulla colocada no eixo central, asegura un balance estéreo excelente e inclúe unha cápsula redondeada integrada que minimiza a resonancia para lograr unha reprodución de son pura. A ensamblaxe do brazo incorpora un dispositivo antideslizamiento e un sistema de entrada de brazo. Inclúe tamén un cartucho de imán móbil con forza de seguimento e balance facilmente axustable.

PS-HX500_tone-arm2-LargeEl PS-HX500 ten un prato fundido baixo presión e está accionado por correa cun motor de dúas velocidades. Inclúe unha base acústica de alta densidade de 30 mm, xunto a unha alfombrilla de goma de 5 mm de novo deseño e catro pés illantes. Este deseño clásico, baseado en anos de experiencia, dá como resultado un modelo capaz de satisfacer aos entusiastas da música.ilcanallarubens_sony-ps-hx500-usb-turntable_2016

OS SEUS VINILOS, PORTÁTILES

Ás veces os afeccionados á gravación enfróntanse á perspectiva de escoitar nos seus dispositivos portátiles arquivos dixitais inferiores aos seus discos analóxicos.

O PS-HX500 inclúe un conversor nativo DSD de alta calidade que che ofrece a opción de copiar os teus temas analóxicos preferidos a un computador como arquivos dixitais, con calidade de audio de ata de alta resolución. Así, poderás escoller a túa música favorita da túa colección de vinilos e reproducila nun computador, móbil ou reprodutor de música portátil compatible, ou mesmo no coche.

O tocadiscos tamén inclúe un preamplificador phono integrado que permite conectalo directamente a un amplificador externo para reproducir audio de alta fidelidade en casa.

O PS-HX500 é o primeiro tocadiscos do mundo compatible con DSD de velocidade sinxela e dobre (5,6 MHz/1 bit; 2,8 MHz/1 bit), un formato de audio potente que reproducirá a túa música tan natural como precisa. Ademais, o proceso de conversión AD ofrece diversas opcións de calidade, desde WAV a audio de alta resolución con frecuencias de sampleado e taxas de bits máis altas —DSD de velocidade dobre incluído. Por tanto, non só poderás gozar das túas gravacións esteas onde esteas, senón que poderás aprecialas con maior calidade sonora.

SOFTWARE QUE GRAVA E EDITA

Usando o software para computador do PS-HX500, podes converter facilmente calquera vinilo en arquivos de audio de alta resolución e editalos. O software descárgase de maneira sinxela e tras conectar o tocadiscos ao computador o proceso de gravación é moi fácil. Despois, podes editar as pistas, poñerlles título, cortalas ou combinalas, o que che permite ser realmente creativo coa túa música.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: