ை Skype Translator xa está dispoñible para os Windows

 

ilcanallarubens_Skype Translator xa está dispoñible para os Windows_2016

O tradutor en tempo real de Skype poderá ser usado na súa app para os dispositivos que usen o sistema operativo Windows.

A ferramenta de Skype, que permite a tradución en tempo real xa está dispoñible para os usuarios de dispositivos con Windows, segundo informou o servizo de videollamadas no seu blogue oficial.

“Isto leva a Skype un paso máis adiante para cumprir a nosa misión de facer que as persoas fagan máis, mesmo a través doutros idiomas. Esperamos que os nosos usuarios poidan cumprir os seus obxectivos a través de relacións que antes serían imposibles”, indicou a empresa na publicación.

Para utilizar Skype Translator débese seleccionar un contacto, seleccionar a icona de globo e activar o tradutor. Logo débese seleccionar o idioma do contacto debaixo do seu nome e, na lista despregable, elixir o idioma ao que se quere traducir ou escoitar as traducións nunha chamada.

Skype recomenda o uso de auriculares cando se usa esta ferramenta durante chamadas de voz ou videollamadas.

Cada vez que o usuario active esta ferramenta, durante a chamada irase traducindo nos auriculares e a tradución aparecerá tamén na pantalla.

Segundo comentou un enxeñeiro de Microsoft Research ao portal Fayer Wayer, a análise do audio da conversación nesta ferramenta ten dous pasos: idioma orixinal-inglés e despois inglés-idioma de destino. Por iso recomenda falar claro e esperar a que o sistema recoñeza o audio.

Os idiomas que están dispoñibles nesta nova opción de Skype son o chinés mandarín, inglés, francés, alemán, italiano, portugués e español.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: