ை Wikipedia cumpre 15 anos

ilcanallarubens_Wikipedia cumpre 15 anos_2016

Creada polo exoperador bolsista orixinal de Alabama (EE.UU.) Jimmy Wales e o desarrollador estadounidense Larry Sanger, a enciclopedia botou andar con só 100.000 dólares, pechou as portas á publicidade e mantívose á boia grazas ás doazóns dos usuarios.

A enciclopedia virtual gratuíta e colaborativa Wikipedia cumpre 15 anos convertida no sitio de referencia máis popular da web, cuns 500 millóns de usuarios únicos mensuais e máis de 38 millóns de artigos en 250 idiomas, segundo a súa propia entrada no sitio.

Creada polo exoperador bolsista orixinal de Alabama (EE.UU.) Jimmy Wales e o desarrollador estadounidense Larry Sanger, a enciclopedia botou andar con só 100.000 dólares, pechou as portas á publicidade e mantívose á boia grazas ás doazóns dos usuarios e a paixón de ao redor de 80.000 voluntarios que crean uns 7.000 artigos novos cada día.

O proxecto sen ánimo de lucro superou nos seus catro primeiros anos a información da Enciclopedia Británica e é agora un sitio tan amplo que un lector normal necesitaría máis de 21 anos para ler o contido das páxinas en inglés. Wales, de 49 anos, un millonario cunha visión humanitaria casado en terceiras nupcias con Kate Garvey, exasistente persoal do primeiro ministro británico Tony Blair, di querer crear un mundo no que cada persoa teña acceso gratuíto a todo o coñecemento. “Jimbo”, como o coñecen os amigos, explicou esta semana nunha entrevista co rotativo británico “The Telegraph” que non lamenta o non haber monetizado
Wikipedia e asegura que se del dependese as persoas nos recunchos máis esquecidos do planeta terían un móbil gratis coa Wikipedia preinstalada.

“O crecemento de Wikipedia no mundo en desenvolvemento segue sendo unha prioridade persoal miña (…) así que nos queda moito por facer”, explicou ao Telegraph Wales, amante das enciclopedias desde neno. Coincidindo co 15 aniversario de Wikipedia, o sitio web Fivethirtyeight fixo unha análise das páxinas máis editadas da enciclopedia virtual. Fivethirtyeight, que utilizou datos facilitados pola Fundación Wikimedia, que supervisa Wikipedia, descubriu que a páxina do expresidente estadounidense George W. Bush (2001-2009) é a que ten máis edicións, 20.894 en total.

A páxina da exaspirante á Casa Branca Sarah Palin, a entrada da guerra do Líbano no 2006, o sinistro do avión de Malaysia Airlines no 2014 cando sobrevoaba Ucraína e a entrada do actual presidente estadounidense Barack Obama figuran tamén entre as máis editadas.

En canto a categorías temáticas, Fivethirtyeight concluíu que os “wikipedians” están obsesionados con seguir as mortes ao redor do mundo, así como os eventos políticos, a cultura pop, o tempo e asuntos esotéricos e arcanos.
Wikipedia non é, polo demais, allea á polémica. Na súa propia entrada, a enciclopedia dá conta das visións críticas, como a do columnista e xornalista Edwin Black que critica a Wikipedia por ser unha mestura de verdade, “media verdade e algunhas falsidades”.

No 2006, o sitio Wikipedia Watch enumerou ducias de exemplos de plagiarismo na versión en inglés da enciclopedia. Algúns dos erros publicados en Wikipedia foron soados.

Un dos máis coñecidos tivo lugar en decembro do 2005, cando o xornalista John Seigenthaler, exeditor do xornal Nashville Tennesssean, queixouse de que a súa entrada na enciclopedia implicábao no asasinato do presidente John F. Kennedy. O gazapo pasou inadvertido durante meses.

Wikipedia recibiu tamén cobertura en grandes rotativos estadounidenses no 2006 despois de que saíse á luz que funcionarios do Congreso habían distorsionado a información sobre algúns lexisladores que aparecía na enciclopedia. No ano 2012, o Bureau of Investigative Journalism, con sede en Londres, revelou que un de cada seis membros do Parlamento británico habían feito que se editasen as súas páxinas desde dentro do parlamento, unha práctica que Wales considera “antiética”, segundo explicou ao Telegraph.

A pesar deses incidentes, unha análise realizada no ano 2005 de 42 entradas científicas pola revista Nature concluíu que
Wikipedia é case tan fiable en temas científicos como a Enciclopedia Británica. Nature descubriu que, en termos medios,
Wikipedia ten catro datos imprecisos por entrada, fronte aos tres do seu rival convencional, e só atopou “oito erros graves”.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: