ை Reino Unido cobraría a empresas por contratar a estranxeiros

ilcanallarubens_Reino Unido cobraría a empresas por contratar a estranxeiros_2016

Pagarían unha taxa de 1.300 euros por cada traballador que cualificado que contraten en países externos á Unión Europea (UE).

O Comité Consultivo instou ademais o Executivo a aumentar o salario mínimo que permite a un traballador non comunitario obter un visado para entrar ao Reino Unido, das actuais 20.800 libras anuais (27.000 euros) a 30.000 libras (39.000 euros).

Segundo o comité, dependente do ministerio de Interior e que asesora ao Goberno do primeiro ministro, David Cameron, en materia de inmigración, a taxa proposta permitirían recadar 250 millóns de libras ao ano (325 millóns de euros) que se poderían destinar a fomentar a contratación de traballadores británicos.

“Elevar o custo da contratación de inmigrantes cualificados e a introdución dunha taxa debería conducir a un maior investimento en traballadores británicos e a reducir o uso de man de obra inmigrante”, dixo nun comunicado o presidente do comité, David Metcalf.

O MAC insta ademais o Goberno a endurecer as normas que permiten ás compañías multinacionais obter visados para os traballadores que son trasladados ao Reino Unido.

O documento publicado hoxe revela ademais que as persoas contratadas en países non comunitarios para traballar no Reino Unido cobran menos que os seus colegas británicos.

Os médicos e enfermeiras que recibiron un visado para traballar nas illas británicas cobran unhas 6.000 libras menos ao ano (7.800 millóns de euros), mentres que os profesores nesa situación perciben 2.000 libras menos (2.600 euros).

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: