ை Noruega afronta a época de ‘vacas fracas’ do petróleo

Foto diariomovil.com.ar

Foto diariomovil.com.ar

O país europeo ten o maior fondo soberano, investido en activos financeiros e do sector inmobiliario, que se eleva a máis de 700.000 millóns de euros.

En período de vacas fracas, non é para nada desdeñable contar con máis de 700.000 millóns de euros de aforro como é o caso de Noruega, que poderá enfrontar a crise petroleira grazas ao maior fondo soberano do planeta.

Noruega, máis formiga que cigarra, aforrou desde os anos 1990 a maior parte dos seus ingresos petroleiros para perpetuar o financiamento do seu xeneroso Estado providencia, independentemente da conxuntura.

O fondo, investido en valores e no sector inmobiliario, elévase actualmente a 6,96 billóns de coroas (uns 734.000 millóns de euros), é dicir, o equivalente a uns seis presupostos anuais do Estado noruegués ou a 1,3 millóns de coroas por cada un dos 5,2 millóns de habitantes do reino.

“Vendemos moito petróleo cando os prezos eran elevados e aforramos unha gran parte do diñeiro recadado”, explica Ragnar Torvik, profesor de economía na universidade norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía de Trondheim (NTNU).

“A economía norueguesa está, por tanto, ben preparada para resistir a unha caída do prezo do petróleo na medida que ten pouca incidencia nas finanzas públicas”, engadiu.

A pesar destes ingresos, os gobernos, independentemente do seu signo, só están autorizados a utilizar o rendemento dos fondos, estimado nun 4 % anual.

As cantidades obtidas aumentan, con todo, a medida que os fondos crecen coa inxección de novos ingresos petroleiros e polo produto dos seus investimentos.

E, todo iso, tan rápido que o actual goberno de dereita decidiu utilizar unicamente o 2,8 % do rendemento deste ano.

“Non é un fondo de crise”, é un fondo que deber achegar unha contribución ao “orzamento público”, subliña Kanut Anton Mork, economista de Handelsbanken, quen precisa que “esta achega (…) financia actualmente unha oitava parte de todas os gastos públicos en Noruega”.

“É moito, pero non depende do prezo do petróleo, xa que a rendibilidade financeira está detrás diso”, asegura.

A única repercusión financeira en Noruega da caída dos prezos do barril de cru, que pasou duns 110 dólares no verán boreal de 2014 a uns 30 dólares actualmente, é en definitiva a desaceleración do crecemento do fondo soberano.

“Isto determina o tamaño que o fondo terá finalmente. Pensabamos que seguiría crecendo durante moito tempo pero, se o prezo do petróleo permanece baixo, non será o caso”, explica Mork.

Aínda que as finanzas públicas están a salvo da crise, a economía real vese golpeada. O crecemento, freado polo retroceso dos investimentos petroleiros, é lento e, a un 4,6 %, a taxa de desemprego alcanza niveis de hai unha década, aínda que continúan sendo a envexa de moitos países.

Desde principios de 2014, o sector petroleiro destruíu case 30.000 empregos, incluso o xigante enerxético Statoil, e Stavanger, ata agora florecente capital dos hidrocarburos, vive días difíciles.

Para reactivar a economía, o Goberno presentou un orzamento expansivo e o Banco Central de Noruega reduciu á metade a súa taxa de referencia para contrarrestar a depresión da industria petroleira, a coroa norueguesa devaluouse, dopando a competitividade dos outros sectores da economía.

“Globalmente a economía norueguesa non está en crise”, reiterou o luns pasado a ministra de Finanzas Siv Jensen.

As reservas petroleiras de Noruega diminúen e as que quedan son as máis difíciles, e polo tanto máis caras, de explotar.

Conscientes desa situación, os dirixentes insisten desde hai anos en romper coa dependencia dos hidrocarburos. A palabra reconversión converteuse nun leimotiv, do cal as enerxías renovables, as novas tecnoloxías e a acuicultura son un primeiro exemplo.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: