Facebook e Instagram prohibirán a venda de armas

Foto vanguardia.com.mx

Foto vanguardia.com.mx

En 2014, o NYT acusou a Facebook de ser “un dos maiores mercados de armas do mundo”. A prohibición busca evitar converterse en refuxio dos vendedores sen licenza.

Facebook anunciou que as súas novas condicións de uso prohiben a venda de armas tanto no seu sitio web como en Instagram (do mesmo xeito en que antes se prohibiron as de produtos farmacéuticos, marihuana ou drogas ilegais), polo menos entre aqueles particulares que viñan coordinándose a través de comunidades dentro da rede social, o que facilitaba as transaccións de armas sen verificación previa de antecedentes. Agora, os usuarios que violen esta prohibición serán sancionados coa eliminación dos seus perfís. Por contra, os comerciantes polo miúdo con licenza para a venda de armas poderán seguir facendo publicidade no sitio web.

As primeiras restricións sobre mensaxes relacionadas coa venda de armas implementáronse en 2014, despois de que o New York Times publicase que Facebook converteuse nun “dos maiores mercados de armas do mundo”. Iso puxo en marcha unha campaña de presión pública, procedente tamén de Nova York (e liderada polo fiscal xeral Eric Schneiderman), e a compañía accedeu a eliminar mensaxes que deron a entender algún intento de evadir a lei, tales como as mensaxes publicitario que precisasen que “non se require verificación de antecedentes”.

Un mes antes, o medio online Venture Beat realizara unha investigación sobre a venda de armas en Facebook: “Un dos nosos reporteiros foi capaz de comprar un rifle semiautomático e municións en menos de 15 minutos na rede social“.

Agora, co debate social reaberto nos Estados Unidos tras masacres como as de San Bernardino (California), o propio presidente Obama prometera endurecer a aplicación das leis de control de armas. Ante tal ‘ameaza’, moitos vendedores anunciaran que recorrerían a Facebook para seguir vendendo os seus prodcutos. A deicisión da compañía presidida por Marck Zuckerberg na procura, coa súa última restrición, cernar calquera intento de converterse nun refuxio para a venda desta clase de mercadoría.

Monika Bickert, directora de produto de Facebook, explicaba a decisión tomada nun comunicado: “Nos últimos dous anos, cada vez máis persoas viñeron utilizando Facebook para descubrir produtos, e para comprar e venderse cousas mutuamente. Seguiremos desenvolvendo, probando e lanzando novos produtos para os nosos usuarios, e actualizando as nosas políticas de regulación de produtos para reflectir esta evolución“.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: