Exministros chavistas denuncian desfalco

Foto resistenciav58.wordpress.com

Foto resistenciav58.wordpress.com

Héctor Navarro e Jorge Giordani o da foto do artigo, foi do equipo de economistas de Chávez, aseguraron que os ingresos petroleiros dos últimos 10 anos foron malversados con importacións ficticias e sobreprezos.

Dous exministros do falecido presidente venezolano Hugo Chávez solicitarán o martes abrir unha investigación penal que rastrexe o destino duns 300.000 millóns de dólares que serían malversados durante a última década a través do complexo control de cambios do país.

Héctor Navarro, quen dirixiu cinco carteiras desde o ascenso de Chávez en 1999, dixo nunha entrevista con Reuters que solicitarán ao Consello Moral Republicano, un órgano composto pola Contraloría, a Fiscalía e a Defensoría do Pobo, aclarar o que consideran unha rede de corrupción de axentes públicos e privados.

Segundo cálculos de Navarro e o ex ministro Jorge Giordani, parte do que foi o equipo económico de Chávez, polo menos un terzo de case mil millóns de dólares de ingresos petroleiros que entraron ao país nos últimos 10 anos non teñen respaldos suficientes, polo que sospeitan que foron malversados a través de importacións ficticias e sobreprezos.

Nun recente informe, a organización non gobernamental Transparencia Internacional colocou a Venezuela entre os 10 países con maior percepción de corrupción no mundo.

“Aquí construíuse unha banda onde o que importa é poñerlle a man ao recurso financeiro, á captación da renda petroleira”, dixo Navarro, fundador e membro da directiva do gobernante Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV), ata que foi expulsado en 2014 polas súas críticas.

“Os ladróns non teñen ideoloxía”, agregou o profesor universitario, que se segue definindo como revolucionario e mesmo, membro do PSUV.

Funcionarios do Goberno non estiveron inmediatamente dispoñibles para comentar sobre estas denuncias.

Navarro e Giordani, considerados mentores de Chávez, moitas veces foron criticados pola oposición, que reclama polo seu silencio e o apoio ao modelo socialista.

O herdeiro político de Chávez e presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, declarou unha emerxencia económica e o luns anunciou un novo sistema de compras públicas para, segundo recoñeceu, “acabar coa maldita corrupción”. Navarro, quen tamén foi deputado, sostén que Maduro está a demorar a toma de medidas impopulares para paliar a crise económica nun intento por evitar o custo político.

“Hai unha irresponsabilidade moi grande na toma de decisións de Estado. Un desastre moi pouco ético e moi pouco democrático”, considerou Navarro.Os venezolanos están á espera de medidas para frear a inflación máis alta do mundo e resolver a crónica escaseza de bens básicos. Pero Maduro, un exchofer de autobuses de 53 anos que considera que a lameira financeira é produto da sabotaxe dos seus inimigos políticos, só adiantou que estuda un aumento parcial do prezo dos combustibles e maneiras para darlle osíxeno á alicaída produción local.

Do mesmo xeito que Navarro, analistas consideran que iso non será suficiente para cubrir o enorme déficit deixado pola contracción dun 70 por cento dos seus ingresos petroleiros.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: