O sector audiovisual crece a bo ritmo na España

ilcanallarubens_O sector audiovisual crece a bo ritmo en España_2016

Os ingresos do sector AV no noso país creceron un 13,8% no segundo trimestre de 2015 e superaron de novo os 1.000 millóns de euros.

Os datos foron feito públicos pola Comisión Nacional do Mercado da Competencia no seu portal CNMCData e desvelan que a facturación do sector audiovisual volveu superar a barreira dos 1.000 millóns no segundo trimestre de 2015. En concreto, o crecemento da facturación foi un 13,8% máis que o mesmo período do ano anterior e un 10% respecto ao primeiro trimestre de 2015. Os ingresos, sen contar subvencións, situáronse en 1.107 millóns de euros, que desagregados supuxeron 492 millóns para a televisión en aberto, 515 para a televisión de pago e 100,1 para os servizos de radio.

Ingresos de TV segundo a súa tecnoloxíailcanallarubens_Portada_animada_Internet_y_los_cambios_en_el_audiovisual

A TDT fíxose coa metade dos ingresos (50,77%) con 508,6 millóns, mentres que a televisión por satélite levou 294,5 millóns (29,4%). A TV XDSL/FTTH foi a que máis creceu cun aumento interanual do 153,8% e uns ingresos de 147,6 millóns. Pola súa banda, a televisión por cable sufriu unha recesión respecto ao primeiro trimestre do exercicio actual (cuns ingresos de 56,4 millóns), aínda que en taxa interanual aumentou un 8% (chegando aos 51 millóns).

Os ingresos publicitarios, que inclúen publicidade convencional, patrocinios, televenta, telepromoción e product placement, supuxeron un total de 577,2 millóns de euros  (477,1 de televisión e 100 de radio). Así, en total, os ingresos publicitarios da TV experimentaron un crecemento interanual do 6,3%, e os da radio un 10,1%.

Doutra banda, os ingresos por publicidade para a televisión en aberto chegaron a 467,6 millóns, dos cales o 93% eran para as televisións privadas (cun 88,4% dos ingresos para Mediaset e Atresmedia). As televisións públicas (que, lembremos, xa non emiten anuncios) obtiveron 33,4 millóns de euros (o restante 7%), mentres que a tele de pago logrou uns ingresos de 9,5 millóns.

Televisión de pago

O total de abonados a esta modalidade no segundo trimestre de 2015 foi de 5,36 millóns, 43.900 abonados menos que no período anterior. A caída estaría motivada polo descenso de abonados nos servizos de TV de satélite e TDT de pago. Pola súa banda, os de TV XDSL/FTTH e TV por cable creceron en 98.000 e 35.000 abonados (respectivamente).

Doutra banda, despois de cinco trimestres de crecemento, a contratación do servizo de TV de pago a través de ofertas empaquetadas retardouse, aínda que se volveron a superar os 5 millóns de subscricións por segundo trimestre consecutivo. A modalidade de empaquetamiento que máis creceu foi o paquete quíntuplo que contabilizou preto de 176 mil altas netas novas no segundo trimestre e alcanzou un total de 2,7 millóns de abonados. Do total de abonados, máis da metade (69,2%) tiñan o servizo contratado baixo algunha modalidade empaquetada con outros servizos de telecomunicacións.

Consumo de televisión

Por último, o estudo da CNMC que revela como o sector audiovisual crece a bo ritmo en España detalla datos sobre o consumo de televisión. Así, no período estudado o consumo chegou ás tres horas e 51 minutos por persoa e día, 27 minutos menos que no trimestre anterior. Por plataforma, o consumo de televisión repartiuse da seguinte maneira: 80,2% para a TDT, 3,6% para a televisión por satélite e 16,1% para as plataformas de cable e TV-XDSL/FTTH.

Por grupos, Mediaset e Atresmedia situáronse como líderes, con 31,5 e 25,8 puntos de audiencia (respectivamente). Por canles, os dous máis vistos foron os xeneralistas Telecinco e Antena 3, cunha audiencia de 15,1% e 13,3% (respectivamente).

Mais información | CNMCData

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: