Facebook é acusado de violar leis de privacidade en Francia

Foto Reuters

Foto Reuters

Facebook tería que pagar unha multa de ata US$17 mil se en dous meses segue rastrexando información persoal de usuarios.

Facebook está a violar as leis de privacidade en Francia. A rede social segue os pasos e utiliza información persoal de máis de 30 millóns de usuarios sen o seu coñecemento. Tamén fai o mesmo con persoas que non son usuarias e que realizan procuras na internet, aseguran dúas axencias.

A Dirección Xeral para a Competencia, Asuntos do Consumidor e Control de Fraude —vinculada ao goberno— emitiu o martes un aviso formal a Facebook . A rede social ten dous meses para que cumpra as leis francesas de protección de datos, ou pola contra correrá o risco de enfrontar sancións.

O grupo independente defensor da privacidade CNIL deu previamente a Facebook un prazo de tres meses antes de enfrontar penalizacións.

CNIL sinalou que Facebook recompila información respecto de opinións “políticas ou relixiosas” dos seus usuarios, así como de orientación “sexual”, sen informar a estes. Ao non proporcionar ferramentas para impedir tal uso, Facebook viola os “dereitos e intereses fundamentais” dos usuarios, incluído o respecto á privacidade, subliñou nun comunicado CNIL.

Facebook recompila ademais información sobre procuras de persoas que non teñen conta na rede social sen o seu coñecemento. Isto cando estes visitan unha páxina pública da plataforma, e utiliza a información que solicita para direccionar publicidade, segundo o comunicado.

A axencia pediu a Facebook que “recompile información de maneira limpa” de quen non son usuarios e que proporcione a titulares dunha conta os medios para rexeitar que os seus datos se compilen para propósitos de publicidade, agrega o comunicado.

“O aviso non é unha sanción e o curso de acción será pechado” se Facebook acata a lei francesa de protección de datos, indica o comunicado de CNIL. Se non hai cumprimento, o asunto pode ser turnado a un comité especial que decide sobre sancións. Regulacións de CNIL determinan sancións de ata 150.000 euros (170.000 dólares) en tales casos.

A outra axencia, dependente do Ministerio de Economía, acusou o martes a Facebook de eliminar sen consulta previa contido ou información publicada por usuarios, e de cambiar unilateralmente os seus termos e condicións sen aviso previo aos usuarios.

Se non se realizan cambios respecto desas queixas nun prazo de dous meses, Facebook podería arriscarse a unha multa de ata 15.000 euros (17.000 dólares) e a un xuízo civil sobre presuntas cláusulas ilegais, segundo a axencia de Asuntos do Consumidor e Control de Fraudes.

(Fonte: AP)

Rubens Rocha

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: