Microsoft recorta máis empregos da antiga Nokia

 

Imaxe allrss.es

Imaxe allrss.es

Os recortes de persoal centraranse en Finlandia, o país orixinario de Nokia, onde ducias de traballadores poderían perder o seu emprego nos próximos meses.

A división móbil de Microsoft segue sen cultivar os resultados desexados tras a integración de Nokia, motivo polo cal os de Satya Nadella están a planear levar a cabo unha nova rolda de despedimentos nesta unidade. Os recortes de persoal estarán, ademais, especialmente centrados en Finlandia, o país orixinario de Nokia, onde ducias de traballadores poderían perder o seu emprego nos próximos meses.

Así o afirma o diario Helsingin Sanomat, cuxas informacións foron tamén recollidas polo portal norteamericano ZDnet. Os postos máis afectados polos novos recortes están en Microsoft Mobile Oy, nome que recibe a filial móbil de Microsoft con sede en Espoo, Finlandia, creada despois da compra do negocio de teléfonos móbiles de Nokia.

Esta mesma unidade xa sufriu os drásticos recortes do pasado curso, cando os de Redmond anunciaron o axuste de nada menos que 2.300 postos de traballo, case dous terzos dos 3.200 traballadores que mantiña Microsoft no país nórdico, concentrando a maior parte dos despedimentos do plan global de 7.800 baixas. Naquel momento, os principais despedimentos producíronse nos departamentos relacionados co deseño e produción dos smartphones Lumia, pero agora serán os equipos comerciais os que máis teñen que temer polo seu posto de traballo.

Microsoft segue sen collerlle o ritmo a Android nin a Apple

Os despedimentos, afirman fontes de Microsoft consultadas por ambos os medios, responden á situación concreta de Finlandia e non son representativos dun plan maior para recortar empregos noutros lugares do mundo. Con todo, o certo é que a marcha do negocio móbil de Nadella e os seus non termina de despegar, con apenas 4,5 millóns de terminais Lumia vendidos no último trimestre.

Esta cifra sitúase moi lonxe dos datos que anotan tanto Google, co seu sistema operativo Android, como Apple, cos seus iPhone, que practicamente copan a totalidade do mercado móbil a escala global. Queda por ver se a chegada de Windows 10 a un novo arque de smartphones pode axudar a Microsoft a remontar esta batalla que, neste momento, segue desde a distancia respecto dos seus principais competidores.

Fonte TICbeat

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: