Christine Lagarde, reelixida presidenta do Fondo Monetario Internacional

Foto EFE

Foto EFE

A francesa seguirá fronte ao cargo outros cinco anos. Era a única candidata. A economista Christine Lagarde foi reelixida este venres pasado para un segundo mandato de cinco anos como directora xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI), informou o organismo.

“Estou encantada de ter a oportunidade de conducir o FMI, como Directora Xerente, por un segundo termo de cinco anos, e agradezo a continuada confianza e apoio do Directorio do Fondo e dos seus 188 países membros”, expresou Lagarde nun comunicado.

A exministra francesa de Economía, de 60 anos, era a única candidata ao posto, e chegou a esta instancia co firme apoio de países crave no FMI, como Alemaña, Francia e Estados Unidos. Oficialmente, o seu novo mandato comezará en xullo.

Pola súa banda, o ruso Aleksei Mozhin, integrante do Directorio do FMI, dixo que ese grupo decidiu renovar o termo de Lagarde despois de considerar o seu “forte e intelixente primeiro mandato”.

De acordo con Mozhin, Lagarde “xogou un papel crítico na revitalización das relacións do FMI cos seus membros globais, incluíndo os mercados emerxentes e os membros en desenvolvemento”.

A economista francesa é apuntada como a responsable por recuperar a reputación do FMI despois de ocupar o posto do seu compatriota Dominique Strauss-Khan, quen renunciou en 2011 no medio dun espectacular escándalo sexual. Á fronte do FMI, Lagarde mostrou liderado na condución do FMI para enfrontar as crises en Grecia, Irlanda e Portugal,

“O FMI está ben preparado para axudalos a lograr os seus obxectivos no futuro”, Lagarde.

Ao mesmo tempo, apoiou reformas internas no FMI que fortaleceron a posición de China, logo de décadas de dominio do Fondo por parte de Estados Unidos, Europa e Xapón.

No comunicado, Lagarde dixo que “no últimos cinco anos, o FMI adaptou e fortaleceu a súa capacidade para responder as necesidades dos seus integrantes e está ben preparado para axudalos a lograr os seus obxectivos no futuro”.

O FMI “segue comprometido co seu obxectivo fundamental de axudar a garantir un equilibrio económico e financeiro global mediante a cooperación internacional”, engadiu Lagarde.

Información AFP

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: