Ímos encher o Obradoiro decindo NON a Lei de Acuicultura

ilcanallarubens_non a lei de acuicultura_Galiza_2016

A Lei de Acuicultura suscita críticas de sectores do máis diverso, dende as confrearías até os ecoloxistas. A manifestación será o sábado 27 de febreiro dende a Alameda de Compostela até o Obradoiro.

Até 30.000 persoas enchendo o Obradoiro. Este é o obxectivo dos organizadores da manifestación contra a Lei de Acuicultura. Así o indicaron numerosos directivos de confrarías, colectivos de mariscadoras e bateeiros de todo o país na presentación da mobilización.
Nunha rolda de prensa esta mañá en Carril, o sector cualificou de “propaganda” a Lei de Acuicultura que está a tramitar a Xunta. Na súa opinión, o novo texto legal implicará privatizar as rías para facilitar “investimentos para as grandes empresas de peixecultura”.
Asustado pola negativa reacción do sector, tradicional votante conservador, o presidente da Xunta deu marcha atrás, pero só parcialmente. Alberto Nuñez Feijóo ordenou a Rosa Quintana, conselleira do Mar, non remitir a Lei para a súa votación no Parlamento e negociala cos afectados. Co vento a favor e consciente da proximidade dunhas eleccións, o sector pide agora retirada total do actual texto e comezar a negociar de cero, algo ao que Quintana négase.
A mobilización da próxima fin de semana pode ser moi numerosa. Ademais dos profesionais do mar, contará co apoio de todas as forzas da oposición e de numerosos grupos ecoloxistas.
ADEGA, o maior deles, asegura que o proxecto de Lei “está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles (Stolt-Nielsen e Pescanova)”. Así sinala que o texto expulsa aos concellos da tramitación de novas granxas, que se declaran de interese público polo que “se poderá expropiar a franxa litoral que precisen as empresas”. ADEGA tamén alerta que se permite ubicar piscifactorias en lugares protexidos mesmo sen informe ambiental.
Rubens Rocha
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: