“Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu”, con Montse Fajardo Pérez

ilcanallarubens_Montse Fajardo_Vigo_2016

O pasado xoves, 18 de febreiro de 2016 ás 19 horas tiven a ocasión de asistir a un faladorio na cidade de Vigo‬ co titulo “Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu”, do que é autora Montse Fajardo Pérez, está baseado fundamentalmente na historia oral co afán de recuperar as voces das vítimas da Guerra Civil e o franquismo. A especial sensibilidade da autora sobre o papel desempeñado polas mulleres (como xa fixera co libro Matriarcas. Mulleres en pé de vida) está presente en cada un dos apartados do seu novo libro.

Detrás de cada unha das historias que nos conta hai un exhaustivo traballo de documentación, de consulta de fontes arquivísticas e hemerográficas, de contraste de informacións, que permite á autora combinar na narración o punto de vista interno, limitado, propio dos relatos da memoria, co externo, global, propio dos historiadores.

A autora afirma no libro: “Eu non son historiadora nin este é un libro de Historia. Eu vouvos contar o que me contaron. Este é un libro de memoria oral e haberá quen pense que as lembranzas das vítimas non son fiábeis, pero menos o son eses papeis oficiais nos que os rebeldes acusaban de rebelión aos defensores da legalidade republicana e nos que se falaba de hemorraxia interna cando habería que dicir asasinato”.

Neste vídeo terán a ocasión de desfrutar os primeiros 20 minutos, eu alentei que asistiran a dito evento feito polo Centro de Documentación e Recursos Feministas da fundación Igualdade Vigo.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: