O TTIP non vai de comercio, vai sobre as nosas vidas

Imaxe Greenpeace España

Imaxe Greenpeace España

Os negociadores da UE e de EE.UU. que se reúnen desde hoxe en Bruxelas teñen unha difícil semana por diante. Por doceava vez desde que empezarán hai dous anos e medio, reúnense a porta pechada para negociar o TTIP, o Acordo sobre Comercio e Investimento Transatlántico (TTIP).

ilcanallarubens_greenpeace paralizando o TTIP_greenpeace_2016

Varios activistas de Greenpeace bloquearon onte o comezo das negociacións entre a UE e Estados Unidos en Bruxelas.

Fariamos mal en pensar que o TTIP é un acordo sobre comercio. Fálase sobre comercio, é verdade, pero ese non é meollo. O que se está discutindo é como dar máis poder ás multinacionais, recortando o espazo democrático e reducindo a capacidade de decisión da cidadanía. Está a decidirse como poñer o comercio e os privilexios das grandes corporacións en primeiro plano, por diante dos servizos públicos, os dereitos laborais, o medio ambiente e a democracia. Din que vai de comercio, pero estas negociacións secretas hai que espilas.

Coa nosa acción de hoxe, Greenpeace quixo mostrar o noso rexeitamento a estas negociacións que se traducirán na transferencia dun enorme poder para as grandes multinacionais. Porque este acordo ameaza os valores que sustentan a nosa sociedade. As persoas que se preocupan pola democracia, a protección do medio ambiente, as normas de saúde e as condicións de traballo deben saber o que está en xogo.

Preto de 3,5 millóns de cidadáns europeos asinaron unha petición contra o TTIP. Centos de miles de persoas saíron ás rúas de Berlín, Amsterdam, Bruxelas, Madrid e outras capitais. As barreiras comerciais que os negociadores din que queren eliminar son, de feito, as normas que protexen a nosa saúde, o noso medio ambiente e a nosa forma de vida; as mesmas cousas que deben ser protexidas da avaricia das grandes corporacións. As organizacións de consumidores, sindicatos e mesmo as pequenas empresas a ambos os dous lados do Atlántico están preocupadas por este acordo comercial. E o movemento de oposición crece.

A intención das negociadores -intencións que tentamos bloquear hoxe- é avanzar neste acordo durante toda a semana. Discutirán sobre os plans para establecer un tribunal especial para os investidores estranxeiros, un instrumento fundamental para dar máis poder ás grandes empresas. A Comisión Europea apoia o chamado Sistema Xudicial de Investimentos (ICS). Este tribunal “” está pensado ad hoc para que as empresas estranxeiras poden demandar aos gobernos e esixir compensacións económicas masivas se senten que calquera regra ou regulación afecta os seus investimentos.  Baixo un sistema similar, unha empresa canadense de enerxía esixiu recentemente 15.000 millóns de dólares en compensación pola decisión do presidente Obama de paralizar a construción dun oleoduto para dar saídas ao petróleo de areas bituminosas de Canadá.

Este sistema pseudo-xudicial é discriminatorio, inxusto e podería custar aos contribuíntes unha fortuna. As empresas poderían demandar aos gobernos, pero non ao revés. O ICS tamén terían un importante efecto disuasivo nos poderes públicos, diminuíndo a súa disposición para adoptar ou aplicar leis para protexer o medio ambiente por temor a ser demandadas polas multinacionais.

2016 é un ano crucial para parar estas negociacións. O presidente Obama e a Comisión Europea queren completar as negociacións TTIP antes das eleccións en Estados Unidos en novembro.

E nós imos seguir desenmascarando estas negociacións secretas ata paralas. E necesitamos que se somen a este movemento europeo contra o TTIP moitos millóns máis. Non imos deixar que os políticos establezan as bases dun gran negocio para unhas poucas multinacionais á conta da cidadanía.

Que podes facer ti?

Difunde a noticia e axúdanos a que máis xente coñeza que é o TTIP

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: