Dignifiquemos o Albergue Municipal

ilcanallarubens_Dignifiquemos o Albergue Municipal_2016

Co nome da convocatoria: Dignifiquemos o Albergue Municipal, o pasado venres en Vigo‬ celebrouse unha concentración para sinalar as carencias do mesmo e lembrar a importancia de dar prioridade ás necesidades básicas dos vigueses e as viguesas.

Desde o colectivo OS NINGUÉNS denunciaron que dez días de permanencia non sacan da rúa a ninguén, que o lugar está saturado nos picos de frío e que o persoal non dá abasto a organizar o traballo áxilmente, necesitan inxección de apoios. Tamén denunciaron o complicado de trasladarse a Teis sen recursos e con todos os aveños persoais encima, ademais da incompatibilidade dos servizos de ambos, comedores, etc, que fan extenuante o conseguir un lugar onde pernoitar con estabilidade.

Igualmente é necesario aumentar o número de camas así o denunciaron OS NINGUENS e como tamén que se aumente o número de lavadoras e secadoras, que en ocasións teñen unha demora de ata once días para un lavado.

O albergue municipal, cuxa existencia é un espazo de xustiza social, dos máis importantes que pode haber nunha cidade e así o considerou o colectivo e valorouno, pero a calidade asistencial ha ido decaendo, e consideraron que debe ser o inicio, a porta de entrada ás políticas polo dereito a unha vivenda social das persoas sen teito, pasar do acollemento temporal á vivenda social, como un ciclo de integración SEN RETORNO á indesexable vida nos choupanos da cidade.

Lembraron que o nome deste albergue é “centro integral de inclusión e emerxencia social”: Un ciclo serio de inclusión non pode completarse cunha atención de dez días tras os cales os usuarios volven á rúa para pasar frió.

“Un albergue non é unha residencia”. Máis ben: unha cidade con xente durmindo na rúa non é exemplo de nada.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: