ை Vigo flashback: A Urbanización do Ofimático

ilcanallarubens_AURBANIZACIÓNDOOFIMÁTICO_00_Vigo_2016

Estimados lectores e estimadas lectoras deste blogue no día de hoxe veño escribir sobre outro proxecto da cidade da Detroit Viguesa tal como chamo eu a Vigo, proxecto nunca se chegou a realizar xa que é do que se trata esta sección chamada Vigo flashback, desta vez e o proxecto da A URBANIZACIÓN DO OFIMÁTICO.

Foi exposto hai 20 anos como un polígono de oficinas e residencial promovido desde a Xunta pero nunca se chegou a poñer en marcha, aínda que se presentaron varias maquetas sendo conselleiro o xa falecido José Cuiña.

O día 18 de xullo de 2013 Abel Ramón Caballero recibiu á xunta directiva da asociación de propietarios do ámbito con ordenación detallada do PXOM, denominada A-4-37 Ofimático (preto da Avenida de Madrid) para coñecer de preto o estado desta tramitación.

Os propietarios, acompañados polos os seus asesores legais e técnicos, explicaron ao rexedor que no transcurso desa semana presentarían as bases e estatutos para avanzar na constitución da xunta de compensación e poñer en marcha esa peza da cidade, que tiña unha extensión de máis de 250.000 metros cadrados para usos residenciais e terciarios e que abarcaría a máis de 80 parcelas.

Pola parte, Caballero puxo a disposición da asociación toda a colaboración material e persoal que precisaron para conseguir a mellor xestión deste importante ámbito para a cidade. O ámbito era a zona da Avenida de Madrid preto da Estación de Autobuses, a parte traseira de Martínez Garrido e a rúa Gandarón.

A tramitación dos documentos de xestión foron en durante as semanas do recibimento da xunta directiva da asociación a que permitira a formalización da fase de organización na que se expuña poder formular en breve prazo o proxecto de repartición de cargas e beneficios entre os propietarios.

O Plan Xeral deseñaba nesa zona unha urbanización residencial cunha torre de mesmo 20 plantas na fachada cara á avenida de Madrid se destinaria a oficinas e prevíase tamén dentro do ámbito un centro comercial e un máximo de sete alturas no resto do perímetro, unha ampla zona de oficinas. Tamén prevía un mínimo de 60.000 metros cadrados de ESPAZOS VERDES, 20.200 para equipamentos públicos, ademais de establecía unha previsión mínima de 1.409 prazas de parking. ilcanallarubens_A URBANIZACIÓN DO OFIMÁTICO_01_Vigo_2016

No 2015 concretamente o 11 de febreiro o Concello de Vigo reaxustaba a “macrourbanización” aínda que a priori os cambios non serian de alcance.

A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, ordeno por aquel entón a iniciar a modificación do PXOM no ámbito tras unha sentenza firme do Tribunal Supremo na que obrigaba a excluír un terreo da empresa Comercial de Inmobles Las Eiras S.L. ao fallar os xuíces que o chan debe recibir outra cualificación como reclamaba esta mercantil.

O TSXG fallaba a favor da empresa demandante no ámbito de Ofimático en xullo de 2012, e o Concello apelou no Supremo por aquel entón, que avalou o fallo da instancia galega. A urbanización era unha das prioritarias no PXOM e o seu desenvolvemento estaba previsto para o primeiro cuadrienio de vixencia (2008-2012), pero aínda non botou a andar nin se volveu falar, pola crise inmobiliaria se paralizaba esta macrourbanización.

Os donos de leiras a día de hoxe día 6 de marzo de 2016 queren impulsala sumaron propietarios nos últimos e afirman que xa contan co terreo necesario para arrincar.

Os custos de urbanizar o ámbito, incluídas as indemnizacións, estaban fixados na memoria da ordenación detallada en 67 millóns de euros.

As vivendas construiríanse en distintas tipoloxías, desde unifamiliares ata edificacións de tres a sete plantas. Na ficha constaba unha reserva do 46% da edificabilidade residencial para VIVENDA PROTEXIDA. A torre de oficinas era un dos seus principais trazos do proxecto, así como o parque e a praza pública que se instalaría no acceso.

Un grupo de donos de parcelas leva anos impulsando a urbanización, e para iso necesitaban sumar máis do 50% do chan. Os representantes do colectivo, que xa alcanza un centenar de propietarios, entregaron por aquel entón no 2015 a documentación na Xerencia para acreditar que dispoñen da superficie necesaria e confiaban en que se puidesen iniciar a xestión paralelamente á modificación do PXOM.

O ámbito tiña a ordenación detallada no plan, con distribución de espazos e edificacións, o que supoñía un importante adianto na tramitación o pasado ano. “Esperamos avanzar mentres se cambia o Plan. A sentenza non debía ter maior incidencia porque ocupa un espazo destinado a zona verde”, sinalaban o 2015 concretamente o 11 de febreiro desde Adrum Consultores, que asesoraba xuridicamente aos propietarios, mentres a enxeñería Pettra ocupábase do apoio técnico. Fontes da Xerencia sinalaban a mesma semana, pola súa banda, que o alcance dos cambios determinaríase cando se desenvolvese a modificación puntual do Plan, aínda que en principio non serian substanciais.

O cambio do ámbito obedecía aos mesmos motivos que o levaron a cabo polo Concello na Seara, San Roque (desde a parte traseira de Pizarro (Barrio de Ribadavia) ata Couto de San Honorato) e unha peza de O Calvario. Afectados por estes plans gañaron nos tribunais os recursos nos que defendían que o seu chan reunía a condición de urbano consolidado, o que obrigaba a deixalos fóra das urbanizacións.

Fontes o Faro de Vigo e Atlántico Diario.
Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: