Falece Raymond Tomlinson, o creador do correo electrónico

ilcanallarubens_sit tibi terra levis  Raymond Tomlinson_2016

Foto The Verge

Raymond Tomlinson, considerado unha das figuras máis importantes no desenvolvemento da internet, faleceu aos 74 anos.

O enxeñeiro estadounidense Raymond Tomlinson, considerado o pai do correo electrónico e o creador do símbolo de arroba (@) para o seu uso nas direccións da internet, faleceu o sábado aos 74 anos, debido a un ataque ao corazón.

A noticia foi anunciada por outro dos pioneiros da internet, Vinton Gray Cerf, que informou na súa conta de Twitter do falecemento de Tomlinson sen dicir onde se produciu nin o motivo, pero foi confirmada logo por medios especializados en tecnoloxía.

Tomlinson, que en 2012 foi incluído no Salón da Fama da internet, un museo virtual para recoñecer figuras con contribucións extraordinarias neste terreo, é recoñecido tamén por deseñar os elementos fundamentais das mensaxes electrónicas, coas categorías de “asunto” (motivo) e “para” (destinatarios).

O enxeñeiro foi o primeiro que utilizou o símbolo de arroba para indicar que unha mensaxe debía ir a un computador da rede, separando o nome do destinatario do da rede.

Tomlinson naceu en Amsterdam, no estado de Nova York, en 1941, e tras graduarse de enxeñería eléctrica do Instituto Politécnico Rensselaer (1963), ampliou a súa formación nesta disciplina no Instituto Tecnoloxico de Massachusetts (MIT).

En 1967 comezou a traballar en Bolt Beranek and Newman (BBN), implicada no desenvolvemento da rede ARPA para o Pentágono, que consistía en interconectar varios computadores mediante liñas telefónicas para implementar a potencia de procesamiento de datos e descentralizar o almacenamento da información.

Os seus campos de investigación foron o desenvolvemento do programa SNDMSG, acrónimo de send “message” (enviar mensaxe), para o sistema operativo TENEX, o utilizado por ARPANET, así como o programa de transferencia de ficheiros CPYNET.

Sen o coñecemento dos seus xefes, Tomlinson traballou en segredo e en outubro de 1971 conseguiu intercambiar mensaxes entre varios computadores, para o que utilizou a arroba como símbolo que separaría o nome do destinatario do correo electrónico do da computadora receptora (servidor).

Ese momento, segundo os historiadores da internet, supuxo o nacemento do correo electrónico, aínda que el nese momento non lle deu a transcendencia que iso supoñería.

O primeiro destes correos eléctricos de probas consistiu nas letras que compoñen a liña superior do teclado “QWERTYUIOP”.

Nas décadas de traballo en BBN, onde en 1987 foi nomeado enxeñeiro principal, contribuíu ao desenvolvemento dos protocolos de comunicacións NVT ou TCP-IP.

A finais dos setenta foi o principal deseñador da Jericho, unha computadora de uso interno de BNN, e traballou en servidores de información de vídeo e sistemas de conferencia multimedia.

Na década de 1990 traballou no programa Logistics Anchor Desk (LAD) para o Exército de EE.UU. e no Advanced Logistics Project (ALP), ademais de mellorar a seguridade en programas de comercio electrónico para a compañía CyberTrust.

Entre os moitos recoñecementos que recibiu durante a súa carreira están o George R. Stibitz (2000), o Webby Award (2001) e o premio do Institute of Electrical and Electronics Engineers -IEEE- Internet 2004, compartido con Dave Crocker.

O 17 de xuño de 2009 compartiu con Martin Cooper, “pai” da telefonía móbil, o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: