O almacén da ternura

ilcanallarubens_solidariedad coas persoas refuxiadas_2016_Vigo

Teño a sensación de estar a vivir un déjà vu onde cada bagoa, cada pinga de suor e o esforzo físico era para dar ilusión a aquelas persoas que lles están roubando as súas terras a golpe de bomba e de fusil.

Estiven en moitas campañas solidarias, pero en moitas moitas, con Intermon Oxfam, coa Cruz Roja, con Médicos do Mundo e coa de Electra para Chiapas e Cancun… en cada unha delas había unhas vibras diferentes, hoxe empezamos a organizar a nave para a CAMPAÑA SOLIDARIA COAS PERSOAS REFUXIADAS, cada un e unha que estabamos na nave podía ver nos seus ollos unhas miradas limpas transparentes ilusionantes, unhas miradas que nunca podrei esquecer xa que nas devanditas miradas víase a maxia de dar ilusión a cada persoa refuxiada nos campos de Lesvos e Idomeni.

A solidariedade desta cidade chamada Vigo é moi grande como grandes son as súas xentes, as xentes que se unen para facer unha campaña de ilusión fartos e fartas de ver os diarios e nas televisións imaxes crueis.

Vigo esta respondendo a esta chamada, unha chamada con ilusión, unha chamada de tenrura… cada achega é un granito mais de ternura para axudar.

Tan só podo dicir tal como diría un grande da música Gustavo Adrian Cerati… GRAZAS TOTAIS! grazas totais a todas vos e todos vos por estar a traballar nesta campaña implicandos dende o primeiro minuto e no día a día.

O luns a carabana de motos e de bicicletas da ilusión empeza a funcionar máis forte levando consigo un as bolsas da ternura.

A SOLIDARIEDADE É A TENRURA DOS POBOS

Entra e infórmate sobre a Campaña solidaria coas persoas refuxiadas. Aquí: A Nosa Xente

Rubens Rocha [@IlCanallarubens]

IMG-20160323-WA0008

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: