O día en que as persoas tenras empezaron andar

ilcanallarubens_solidariedadcoaspersoasrefuxiadas_00_2016_Vigo

Hai dúas semanas un grupo de activistas da cidade de Vigo fartos de ver imaxes nos diarios e nas televisións das persoas refuxiadas iniciaron un proxecto solidario. Ese grupo de activistas fixéronse chamar A NOSA XENTE que se presentaron desta maneira:

A Nosa Xente é un colectivo integrado por voluntarias, activistas e organizacións sociais da cidade de Vigo que nace co obxetivo de levar a cabo unha importante campaña de recollida de materiais para axudar a paliar a inhumana situación que se está vivindo nas fronteiras gregas coas persoas que fuxen da guerra en Siria e outros países do entorno.

A campaña levarase a cabo na cidade de Vigo entre os días 28 de marzo e 2 de abril do 2016, ambos inclusive. Previamente, o próximo venres día 18, ás 19.00, no CSOA da Rede de Solidaridade Popular de Vigo, situado en Avda. Hispanidade nº 73, celebrarase unha xuntanza con todas aquelas persoas que queran colaborar na campaña. En dita xuntanza informaremos ás voluntarias das distintas tarefas necesarias e organizaremos os grupos de traballo.

Colaboramos coa ONG Alhambra Internacional, asociación sen ánimo de lucro cuxa finalidade é combater a pobreza e a desigualdade, que presta asesoramento e xestiona a entrega dos materiais recollidos nos lugares onde máis falla fan (actualmente, Lesbos e Idomeni). Esta ONG ten acordos de colaboración pechados con distintas empresas para garantir a entrega das doazóns nun curto prazo de tempo e coas máximas garantías.

Non podemos quedar cruzados de brazos mentres a pasividade dos distintos países europeos comete un xenocidio do que son vítimas inocentes mulleres, homes e nenas que só buscan vivir en paz afastados dunha guerra e uns conflitos que lles son alleos. Por iso, dende A Nosa Xente, vos convidamos a todas e todos a sumarvos a esta campaña solidaria que, de seguro, será un éxito e amosará aos gobernantes europeos o afastados que se atopan do sentir das súas xentes.

BENVIDAS Á NOSA XENTE!

Logo da presentación ao mundo virtual crearon un evento na rede social Facebook para inscribir voluntarios e voluntarias para a campaña, mais arrincar o domingo 13 o evento empezou a rodar por todo o ancho da rede tendo unha repercusión moi grande. O evento rezaba:

Empezamos a dar pasitos e a cambiar a ilusión por eficacia e realidade. Reunímonos algunhas persoas para xa concretar a organización do proxecto que iniciamos en colaboración coa ONG ASOCIACIÓN ALHAMBRA INTERNACIONAL, de axuda cara ás persoas que mal viven e mal fan vivir nos diferentes campos de refuxiados.
Os puntos para concretar acordamos:
1. As recollidas de achegas, realizaranse os días: 29, 30 e 31 deste mes.
2. Polo momento: pensamos na colocación dos puntos de recollida en seis zonas da cidade, estamos á espera de confirmar algún máis, polo que xa avisaremos onde van ser ditas zonas.
3. O punto máis importante: as achegas, son imprescindibles obviamente, o boca a boca para que isto leve a cabo é importantísimo tamén, compartilo nos vosos muros este mesmo evento.
PERO SOBRE TODO NECESITAMOS VOLUNTARI@S, Implicade@s, non de palabra, poucas van ser as mans para clasificar, recoller, trasladar, quedar nos puntos de recollida, etc etc. e para organizarnos de forma correcta, convidámosvos a que o DIA 18 ás 19h reunámonos na Avenida de Hispanidade, 73 (C.S.O.A. RSP), e así poder coordinarnos de forma efectiva.

O noso FIN É

AXUDAR E DAR A CARA, A QUEN OTR@S POR INTERESES MERCENARIOS DAN AS COSTAS!

Cando chegou o día para inscribirse para ser voluntario na campaña SOLIDARIA COAS PERSOAS REFUXIADAS máis abrirse as portas do C.S.O.A. RSP empezaron a chegar ducias e ducias de persoas, numerosas persoas inscribíronse concretamente máis alá dun centenar de voluntarios e voluntarias.

Todas as persoas inscritas mostran cos pasos dos días a gran ilusión de entregar a tenrura, xa que a SOLIDARIEDAD É A TENRURA DOS POBOS. Despois do dia de inscritos de voluntarios e voluntarias empezaron a recibir as primeiras mostras de tenrura en achegas.

A SOLIDARIEDADE É A TENRURA DOS POBOS

Entra e infórmate sobre a Campaña solidaria coas persoas refuxiadas. Aquí: A Nosa Xente

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

IMG-20160316-WA0019

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: