Onte o almacén da tenrura inaugurabase ao grande

ilcanallarubens_almacenternura_inauguracion_2016_Vigo

Onte o almacén da tenrura inaugurabase ao grande, esta xornada matutina tivo a ocasión da súa inauguración e na inauguración foi amenizada por Ghandainas e Folieiros, debido á mala climatoloxía tívose que suspender a marcha de motos e de bicicletas polas rúas da cidade e ditas actuacións que estaban pensadas para o remate da marcha tiveron que darse dentro do almacén, a medida que ía pasando a mañá chegaban as mostras de tenruras das persoas concienciadas co que esta sucedendo nos campos de refuxiados. O almacén situado na Estrada Provincial 108 entre o colexio Cluny e o colexio López de Vega, e os seus horarios de apertura de 10h a 13h e de 16h a 20h para que deixedes vosas achegas.

Desde a organización da CAMPAÑA POLAS PERSOAS REFUXIADAS queren transmitir:

Grazas á vosa solidariedade, o noso almacén xa está saturado de roupa. SODES ENORMES!!
Desafortunadamente, isto significa que NON PODEMOS ACEPTAR MÁIS DOAZÓNS DE ROUPA.

Rogámosvos que vos concentredes nos produtos de hixiene e parafarmacia.

Por favor, correde a voz todo o que poidades.

E, de novo, GRAZAS!!!

Tamén queren trasmitir que:

Algúns de vós estades poñéndo en contacto con nós para preguntar polo punto de recollida da Estación de Autobuses, que aparecía en algúns cartaces ao principio e xa non sae.

A Estación de Autobuses, finalmente, NON SERÁ Punto Solidario, pois non puidemos coordinarnos con eles adecuadamente. Podedes deixar as vosas doazóns nos Puntos Solidarios máis próximos:

Tasca Da Avoa, Camiño Sobreiro 11
Ciber Virtu@l, Urzaiz 127 baixo

Lamentamos os inconvintes que esto vos poda causar.

A SOLIDARIEDADE É A TENRURA DOS POBOS

Entra e infórmate sobre a Campaña solidaria coas persoas refuxiadas. Aquí: A Nosa Xente

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

IMG-20160316-WA0019

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: