ை Vigo flashback: O Xardín vertical

ilcanallarubens_xardinvertical_2016_Foto ICR_Foto La Voz de Galicia

Foto: ICR-Photographer – La Voz de Galicia

Estimado lector ou estimada lectora, volvo a esta sección para lembrar un proxecto que foi presentado a finais do 2010 como unha novidade para a cidade de Vigo, ese proxecto foi o xardín vertical, unha innovación para a cidade de Vigo.

Este xardín instalaríase na rúa Urzaiz numero 57, o responsable deste xardín foi Raúl Ameixeiras da construtora Laxas, o fin deste xardín era ocultar a fachada de poliuretano expandido que quedaba á vista, ou sexa para pura estética, se pura estética xa que asi por aquel entón recoñecíano, unha vez instalado o xardín os vigueses e viguesas puideron gozar da fermosura do primeiro xardín vertical na cidade e tamén os propios veciños e veciñas que viven na zona, aínda que lembrar que os xardíns verticais existiron desde a antigüidade de forma natural non de forma artificial.

Naquel entón declaraban «Non tiñamos ningunha obrigación, pero pareceunos que era interesante comercialmente para nós, atractivo para os futuros residentes e tamén para o goce cidadán», asegurando naquel entón que o proxecto tivo un elevado custo que asumiu a construtora.

A construtora Laxas recorreu por aquel entón a Vertical Garden, con sede na capital española xa que en Vigo non había ningunha empresa especializada neste tipo de xardíns, a súa idea era facer un xardín á semellanza que ten Caixa Fórum en Madrid. O traballo finalizou o verán do 2011 e o resultado son 100 m2 de espazo verde que sobe pola parede con 48 plantas por metro cadrado, é dicir, case 5.000 exemplares -entre eles, algúns arbustos aromáticos como lavanda, salvia, tomiño ou romeu- que crecen sen vertixe.

Para o seu non se podía fixar os paneis contra a parede e montaron unha estrutura metálica galvanizada para instalar sobre ela o xardín sobre un polietileno de alta densidade feito con material reciclado. A planta crecería in situ e non aplicando o sistema hidropónico, senón o chamado plantube, naquel entón declaraban que lles parecería mellor porque reduce custos e problemas.

O mantemento realizaríase a través de rega automática integrada e as plantas tamén reciben fertilizantes por un sistema de bombas interno.

No 2013 a declaracións da voz de Galicia dicían os responsables que «Unha vez ao ano se sacan as plantas mortas e repoñémolas nós mesmos. Fixemos un curso acelerado de xardíns verticais», confesaba Raúl, o cal se mostraba naquelas declaracións á voz de Galicia moi contento co aspecto que tenia por aquel entón o xardín vertical.

Agora está mal, hai que repasalo porque este inverno foi moi duro e sufriu moito. O mesmo opinaba no 2013 por aquel entón o presidente da comunidade de veciños na voz de Galicia, Félix Villada, aínda que está seguro que coa primavera volverá o seu esplendor. Aínda que ao principio houbo algunhas reticencias, agora os veciños están na súa maioría encantados de contar cun plus tan exclusivo que só xera un mínimo gasto de auga.

Pois ben agora no 2016 como verán na infografía que encabeza este Vigo FlashBack asi loce o innovador xardín vertical que por aquel entón  cando no 2011 viu o alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero quixo tamén facer noutras partes da cidade xa que lle gustou moito o seu resultado,  pero reculo no canto de facer xardines verticais e o que fixo foi pintar as medianeiras.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: