Pablo Echenique, é un santo? ou un MONSANTO?

ilcanallarubens_PABLO ECHENIQUE_el glifosato_2016

Tópome na rede cunha magnífica e fresca reflexión do veterano xurista vasco, defensor de presos políticos e sociais, Juan Manuel Olarieta, publicada en 2014 e titulada “Podemos en todas partes”, da que extraerei máis adiante algúns parágrafos tan zumentos como incisivos.

Que Pablo Echenique sexa doutor en Física e membro do Consello Superior de Investigacións, dálle unha enorme vantaxe sobre este administrador, á hora de valorar e/0 xustipreciar os “avances” da Ciencia acerca dos chamados “transxénicos”.

Con todo, parece que os desastres e as manipulacións criminais perpetradas por empresas que comercian con tales inventos, non afectan a defensa que o doutor fai desa clase de alimentos, producidos a partir dun organismo alterado mediante enxeñería xenética.

Talvez por iso milita en Podemos, un colectivo de clara orixe transxénica. Pablo Echenique non debeu decatarse no seu día, de que máis de 125.000 campesiños suicidáronse na India como consecuencia dunha desapiadada campaña en favor deses produtos, que converteu a nación nun campo de probas de cultivos xeneticamente modificados.

Pablo Echenique coñece que esa práctica necesita gran cantidade de auga, pesticidas e abonos. Por esa razón, ao redor do 50% da produción mundial decántase por un cultivo de regadío demasiado esixente en auga, o que fai que mares como o Aral, en Asia Central, perdesen case a metade de superficie, ao ser desviados dous ríos que o alimentaban para regar plantacións de algodón e de arroz.

Pablo Echenique pasa olímpicamente de que o glifosato, o herbicida máis común en EEUU e no mundo enteiro, patentado e comercializado por Monsanto desde 1970 baixo o nome de Roundup, orixinou desastres incontables no medio mundo.

Só ler a etiqueta do produto, un científico debería tremer.

Resulta notorio e indiscutible que se observaron diversas e graves consecuencias para a saúde humana e animal.
Un equipo da Universidade francesa de Caen, dirixido polo biólogo molecular Gilles-Eric Seralini, levou a cabo un estudo que demostraba que a polioxietilamina, ou POEA, é máis mortal para as células humanas embrionarias, placentarias e umbilicais, que o propio glifosato.

Científicos cun curriculum talvez tan ou máis meritorio que o de Echenique, opinan hoxe que existen cinco puntos, cinco, aos que este Pablito debería estar atento.

Os alimentos transxénicos que defende o número 3 do Club de Fans de Pablito, poden provocar, por exemplo:

  1. Intoxicación: Ademais de xerar unha reacción que pode ser simple como unha intoxicación, os alimentos transxénicos poden causar alerxias como resultado do seu consumo frecuente.
  2. Resistencia a medicamentos: Debido á transferencia da resistencia a antibióticos, polo consumo de OGM que conteñen marcadores xenéticos con resistencia a antibióticos, algúns medicamentos deixan de ter o seu efecto sobre determinadas enfermidades infecciosas.
  3. Envelenamento: Maiores residuos de agroquímicos nos alimentos, deseñados para resistir un emprego maior de químicos, adoitan conter pesticidas e outros produtos, os cales foron relacionados con enfermidades crónicas, como o cancro, segundo especialistas da Universidade de Chicago.
  4. Mutacións xenéticas: A combinación de virus e bacterias nos alimentos transxénicos, poderían dar orixe a novas enfermidades ou cepas máis patógenas dalgunhas enfermidades, como as gastrointestinales.
  5. Dano ao fígado: De acordo cun estudo (publicado na revista Food and Chemical Toxicology), aplicado a ratas, o consumo frecuente durante dous anos de alimentos transxénicos poden dar lugar a dano hepático, ademais dun maior risco de tumoraciones.

E Juan Manuel Olarieta, sinala respecto diso: Segundo Echenique-Robba “todos” os científicos están a favor dos transgéncos porque son xente “máis instruída”.

Dá gusto e tranquiliza deixar os nosos asuntos en mans de xente tan ilustrada como o eurodeputado Echenique-Robba.

Cal é o verdadeiro problema dos transxénicos? Que están en mans de multinacionais, as cales “impoñen as súas condicións” aos pequenos campesiños.

A miña conclusión é a seguinte: se o problema non son os transxénicos senón as multinacionais (ou sexa, os monopolios), o asunto pasa da biotecnoloxía á economía e entón o ilustrado Echenique-Robba deixa de ser tan ilustre e o expediente debémolo deixar en mans dos economistas.

Que opinan eles dos transxénicos? Son rendibles? Crean postos de traballo? Aumentan as exportacións?

E da economía pasamos á política, porque a rendibilidade deriva de que os grandes “impoñen as súas condicións” aos pequenos e entón cambiamos de facultade e temos que irnos a Somosaguas, a preguntar a politólogos como Pablo Iglesias.

NOTA FINAL.- Pregúntome que pensarán os namorados da natureza limpa e non contaminada que vitorean a Podemos… Aínda que, a estas alturas, cando resulta obvio que as ONG máis populares do mundo están en mans dos gobernos que contaminan o medio ambiente e financian o terrorismo, moito témome que partidos como Verdes e/ou Ecoloxistas calen como mortos.

Fonte: “Podemos” hasta en la sopa.

Vía Carlos Tena e traducido por Rubens Rocha.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: