Desmentido dun HOAX sobre as mobilizacións contra a reforma laboral francesa.

ilcanallarubens_ 25-S Ocupa o CongresoAnda a circular esta foto polo facebook, decir que esta foto NON e FRANCIA, os vehículos franceses antidisturbios son de cor branca, senon esta fotografía e do rodea o Congreso, tamén coñecido como 25-S e nun principio Ocupa o Congreso foi unha acción convocada para o 25 de setembro de 2012 na cidade de Madrid, coa intención de rodear o Congreso dos Deputados de España. A idea orixinal de rodear o congreso partiu da colectivo Plataforma ¡En Pie!, mentres que a chamada Coordinadora 25-S acolleu asembleas e outros colectivos que quixeron participar na protesta.

A manifestación foi autorizada pola Delegación do Goberno en Madrid. Realizouse un gran despregamento policial de máis dun milleiro de axentes, entre os que se atopaban 1350 axentes da Unidade de Intervención Policial, coñecidos popularmente como antidisturbios. Ademais, valouse e restrinxiu o paso pola Carreira de San Jerónimo, onde se sitúa o Congreso, así como numerosas rúas adxacentes. Durante o desenvolvemento da protesta varios miles de persoas concentráronse na Praza de Neptuno de forma pacífica, aínda que a manifestación acabou sendo disolta mediante cargas policiais que mesmo se estenderon a outros lugares como a estación de Atocha. O saldo final foi de 34 detidos e 64 feridos, 27 deles policías. A acción recibiu xestos de apoio noutras cidades españolas coa convocatoria de distintas accións; tamén se organizaron protestas en países estranxeiros como Alemaña, Francia e Países Baixos, aínda que con pouca repercusión.

En resposta ás cargas policiais, convocáronse novas concentracións nos arredores do Congreso para os días 26 e 29 de setembro. Políticos, asociacións e ONG criticaron a «desproporcionada» resposta policial do día 25.

ilcanallarubens_suposta manifestacion contra a reforma laboral en francia_2016

Rubens Rocha

Por unha cultura informativa baseada en información veraz e contrastabel e na memoria.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: