Semana de Solidariedade cos pobos dos territorios non autónomos

FB_IMG_1464132482115

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 54/91 , de data 8 de decembro de 2005, pediu a observancia anual da Semana de Solidariedade cos pobos de territorios non autónomos. Na Carta das Nacións Unidas (art. 73) , un territorio non autónomo defínese como territorio cuxo poboo «non alcanzou aínda a plenitude do goberno propio».

En 1946, varios Estados Membros das Nacións Unidas determinaron unha serie de territorios non autónomos baixo a súa administración e incluíronse nunha lista das Nacións Unidas. Aos países que administran territorios non autónomos chámanselles Potencias Administradoras. Como resultado do proceso de descolonización nos últimos anos, a maioría dos territorios foron retirados da lista.

Instou as Potencias administradoras que corresponda a que adopten medidas eficaces para salvagardar e garantir os dereitos inalienables dos pobos dos territorios non autónomos a dispoñer dos seus recursos naturais, incluída a terra, e a establecer e manter o control do aproveitamento deses recursos no futuro, e pide ás Potencias administradoras que adopten todas as medidas necesarias para protexer os dereitos de propiedade dos pobos deses territorios.

Tamén instou a todos os Estados a que, directamente e mediante as súas actividades nos organismos especializados e outras organizacións do sistema das Nacións Unidas, presten asistencia moral e material aos pobos dos territorios non autónomos.

Antecedentes

A Carta das Nacións Unidas ocúpase da cuestión dos territorios non autónomos que non están sometidos ao réxime de administración fiduciaria.

No Capítulo XI da Carta, a declaración relativa a territorios non autónomos, enúnciase que os Estados Membros que administran territorios que non alcanzaron aínda a plenitude da libre determinación recoñecen «que os intereses dos habitantes deses territorios están por encima de todo» e aceptan como un «encargo sacro» a obrigación de promover o seu benestar.

Con ese obxecto, as Potencias administradoras, ademais de asegurar o progreso político, económico, social e educacional dos pobos, comprométense a axudalos a lograr a libre determinación e a establecer institucións políticas democráticas. As Potencias administradoras teñen a obrigación de comunicar periodicamente ao Secretario Xeral información sobre a situación económica, social e educacional nos territorios baixo a súa administración.

En 1946, oito Estados Membros, Australia, Bélxica, Dinamarca, Estados Unidos de América, Francia, Nova Zelandia, Países Baixos e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, estableceron cales territorios sometidos á súa administración consideraban que eran territorios non autónomos. Indicouse un total de 72 territorios, dos que oito alcanzaron a independencia con anterioridade a 1959.

A comunicación de información pola Potencia administradora suspendeuse en relación con outros 21 territorios por diversas razóns. Nalgúns casos, como en relación con Porto Rico, Groenlandia, Alaska e Hawai, a Asemblea Xeral aceptou a cesación da información; noutros casos, a decisión foi adoptada de modo unilateral pola Potencia administradora.

En 1963, a Asemblea aprobou unha lista revisada de 64 territorios aos que era aplicable a Declaración sobre a concesión da independencia aos países e pobos coloniais, de 1960. A lista incluía os dous únicos territorios sometidos ao réxime de administración fiduciaria que quedaban naquel momento (Nauru e o Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico); os territorios non autónomos respecto dos cales se comunicaba información en virtude do disposto no Capítulo XI da Carta (apartado e) do Artigo 73), inclusive catro territorios administrados por España; Namibia (que entón se denominaba África Sudoccidental); e os territorios non autónomos respecto dos cales non se comunicaba información pero que a Asemblea determinara que eran territorios non autónomos, a saber, os territorios baixo administración portuguesa e Rhodesia do Sur (actualmente Zimbabwe). A lista ampliouse en 1965 para incluír a Somalia francesa (actualmente Djibouti) e Omán. As Illas Comoras foron incluídas en 1972 e Nova Caledonia en 1986.

Entre 1960 e 2002, 54 territorios alcanzaron a libre determinación. Na actualidade aínda hai 16 territorios non autónomos.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: