Abel Caballero segue desprezando a lingua nai de Galiza.

ilcanallarubens_ensino en galego_2016
Abel Caballero fará dous campamentos de investimento lingüístico, así o comunicou no seu programa de Localia do pasado día 26 de maio, obvio, pero saben de que? de Ingles, mentres tanto deixa de lado o Galego se xa non fose suficiente coas súas bolsas de ingles, como vén facendo desde o 2007, tal e a súa política linguistica como a do PP de Galicia ao respeto do Galego.
O problema de que o galego este deteriorandose reside cando non se fomenta desde a crianza dun neno ou nena, para iso é necesario fomentalo, é preciso un investimento real porporcional como se fai noutros paises da Union Europea.
“Que o galego non chegue nin sequera ao 5% dos nenos e nenas nas principais cidades de Galiza é tremendo”.
Sabemos que o galego é a lingua claramente maioritaria da poboación maior de 65 anos. Case o 90% deste sector ten o galego como lingua de uso habitual. Con todo, esa cifra está por baixo do 20% nos menores de 14 anos. Temos unha liña descendente peligrosísima. É tremenda esa fractura, que se produce no conxunto do país, pero é precisamente onde máis poboación nova vive, nos pobos e nas grandes cidades, onde esa porcentaxe é moi inferior ao 20%.
En Vigo como na Coruña, andan as porcentaxes ao redor do 5%. Son cifras de extinción. En lugares máis rurais ou pobos pequeniños aí si que o galego segue sendo a lingua maioritaria mesmo na poboación máis nova pero non é aí onde está a maioría da poboación. Que o galego non chegue sequera ao 5% dos nenos e nenas nas principais cidades do país é tremendo, un 3% de escolas de infantil usaban o galego nas sete grandes cidades… eses datos da Mesa mostran o que implica o Decreto do Plurilingüismo, que tenta facerse cunha trampa da democracia. Nun centro de ensino no que o 49% queira que o ensino de infantil sexa en galego, vai impoñer o ensino en castelán. A eses nenos e nenas nin sequera déaslle dá a posibilidade de usar o galego. Para que haxa liberdade para o uso de calquera idioma, tes que ter oportunidade de coñecelo. Unha persoa non é libre de falar un
idioma se non o coñece. Iso é o que está a facer agora o ensino con respecto ao galego como os campamentos urbans, como e fomentar máis o Ingles que a lingua nai da galiza.
Estalles coartando aos nenos e nenas a liberdade de poder elixir o galego, porque non teñen a oportunidade de ter a competencia necesaria para usalo… Ou lle damos unha volta a isto ou o damos por imposible.
Cando o concello de Vigo tenta fomentar o galego na cidadanía acaba mostrando que teñen un equipo de goberno que carece de persoal cualificado para promocionalo, para mostra a instantánea que veran de seguido. Vigo e coñecido na Galiza como a cidade Gastrapo polas súas numerosas veces que o empregan para serigrafiado nas papeleiras ou cartaces instucionais como ás pracas identificativas das rúas.
ilcanallarubens_cartaz dinoseto gastrapo_2016
O investimento do concello de Vigo cara á lingua nai é un insulto cara a publicación do primeiro exemplar da obra de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro que se editou en Vigo, obra que marcaría o inicio do “Rexurdimento” ou o renacemento cultural do galego. O alcalde da cidade presume de Vigo e Vigo pero a verdade de defender a lingua nai é efémera ata o punto de insultante, dito alcalde nos plenos municipais non emprega o galego habitualmente so o fala cando lle falan en galego senon segue co seu peculiar español, tamén acontece isto nas roldas de prensa.
Rubens Rocha
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: