O conto de Mayne, un conto sen fin.

ilcanallarubens_ESTACION VIGO-URZAIZ_2016

A nova licitación realizarase mediante procedemento negociado con publicidade e sobre a base do anterior prego.

O día de onte soubemos que o Consello de Administración de Adif aprobou de novo a licitación para o desenvolvemento, construción e explotación dun edificio comercial Vialia na estación ferroviaria de Vigo-Urzáiz. Despois de que o concurso queda deserto na anterior convocatoria, Fomento optou por iniciar un novo proceso, tal e como adiantou a ministra de Fomento, Ana Pastor. A construción do espazo, cuxa explotación se adxudicará por un período de 50 anos, realizarase seguindo o deseño de Mayne.

O prazo para entregar as ofertas venceu hai uns días, con todo, o ministerio non renuncia á obra senon busca unha financiacion público-privada. No novo prego de licitación inclúese, ademais do procedemento negociado, dúas novidades principais respecto ao anterior: o prazo de presentación de ofertas fíxase en catro meses e, se no prazo de 24 meses non se aprobou definitivamente o plan e non se obteñen licenzas oportunas para a construción do centro ou non se puidese executar, quedará resolta a adxudicación. Neste último caso, Adif adquiría o proxecto realizado polo adxudicatario mediante unha compensación económica.

O 21 de xaneiro deste ano, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez comprometeuse dicindo que a estación intermodal de Urzáiz farase “contra vento e marea” e será a primeira de Galicia.

“En 2016 contaremos por tanto co proxecto construtivo. É a estación intermodal que Vigo merécese, con 21 dársenas de autobuses susceptibles de ampliación e 9.000 metros cadrados”, subliñou acompañada do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Elena Muñoz. O orzamento do proxecto básico rolda os 350.000 euros e ten un prazo de 9 meses.

Segundo detallaron os técnicos, que onte comezaron nos terreos da estación de Urzáiz os traballos topográficos, as 21 dársenas que se construirán como mínimo estarán cubertas. Ademais, haberá un acceso a través da rúa Lepanto -como agora- e habilitarase unha saída directa para os autocares desde a estación de buses á autoestrada AP-9. Segundo explicou a conselleira, nunha primeira fase -omitió fixar datas- estará conectada co edifico provisional de viaxeiros de Adif para, posteriormente, facelo co futuro centro Vialia deseñado polo arquitecto Thom Mayne.

O proxecto inclúe a construción dunha gran glorieta na entrada e acceso directo á autoestrada AP-9. Para levar a cabo estes traballos -dixo Vázquez- é necesario derrubar unha mazá de tres edificios. Neste sentido, a conselleira de Infraestruturas anunciou onte a petición dunha reunión co Concello para abordar estes traballos. Ao seu xuízo -subliñou- tanto as expropiacións como a súa execución debe correr por conta do Concello olívico. “Tal e como indica o PXOM de 2008, que non debe ser desculpa (a súa anulación) para esquivar os diferentes compromisos das administracións. Nel había un compromiso expreso do Concello de Vigo, que executaba e expropiaba o necesario para facer os accesos”, remarcou.

ilcanallarubens_ESTACION INFOGRAFIA ITERMODAL VIGO-URZAIZ_2016

A pregunta que se fai este redactor é, farase unha vez realizada a gran superficie comercial ou antes da realización da superficie? mentres tanto a estación de autobuses da cidade segue deteriorándose facendo así unha mala imaxe para os pasaxeiros e pasaxeiras que usan ese medio de chegada á cidade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: