A Xunta de Persoal e SOS Meixoeiro seguen adiante no seu peche no Meixoeiro

ilcanallarubens_Encerro-no-Meixoeiro_00_Vigo_2016-758x426

A pesares de recibir presions do xerente do EOXI de Vigo Felix Rubial van a seguir adiente con as suas reivindicacions

O mércores pasado os profesionais e as profesionais do Meixoeiro  despois da concentración e manifestación, encerrábanse no hall de entrada do complexo hospitalario, o peche é permanecer indefinidamente ata que o Conselleiro de Sanidade, Vázquez Almunia se sente a fixar un novo plan funcional para o complexo.

Os traballadores e traballadoras nestas últimas horas recibiron un comunicado do xerente do EOXI de Vigo, Felix Rubial, lles comunicou aos organizadores do encerro que deben retirar as pancartas do vestibulo do Meixoeiro, a tenda de campaña ” e demáis mobiliario e enseres alleos a instalación sanitaria”, este comunicado chegou mentres os profesionais estaban a informar ás persoas que pasan polo complexo como aos pacientes do motivo do peche, aparte de informar están a recoller firmas.

O comunicado escrito ao Meixoeiro engade en concreto á Plataforma SOS Meixoeiro e á Xunta de Persoal polo que declara ilegal o peche que membros do persoal están a realizar, asegura que a concentración do pasado 1 de xuño tivo lugar “sen que conste comunicación oficial previa”. Engade que a manifestación, amparada polo dereito de reunión, “require unha comunicación previa para coñocer e identificar ás persoas responsables por se se produce algún tipo de dano ou incidencia, comunicación e necesaria en todo ámbito publica, incluídas as instalacións sanitarias”.

Segundo Rubial, os organizadores da protesta non exerceu de modo correcto devandito dereito pois “nese día relizase unha manifestación dentro do hospital, acompañada de berros e ruído que xerarón protestas de pacientes e que perturbaron a debida tranquilidade nun centro sanitario onde están ingresados enfermos. Engade o xerente que continuaron coa concentración poñendo pancartas que colgan “en todas paredes e un campemento instalado non hall do Hospital alterando e deteriorando o espazo público”.

Lémbralles que “os cidadáns cando acoden a un hospital moitos deles teñen problemas de saúde, e feitos como estés están a alterar as concidións de ben estar que se deben favorecer e garantir por todos nun establecemento sanitario”.

A Plataforma SOS Meixoeiro e a Xunta de Persoal do Area Santaria de Vigo enviaron un comunicado de resposta no que din que van seguir mantendo o seu peche para pesar do comunicado recibido que poderan ler a continuación.

Ante o escrito recibido no día de hoxe, queremos manifestarlle o seguinte;

Entendemos que o escrito atenta contra a liberdade sindical e de expresion. Como vostede sabe, A xunta de Persoal e SOS Meixoeiro estamos a revindicar a apertuda de todalas camas de hospitalizacion, a apertura dunha unidade de críticos, a non deerivación de doentes a clinicas ou hospitais privados mentres existan camas libres no Hospital Meixoeiro, e un plan de choque para reducir as listaxes de espera a nosa área.

A nosa reividicacion non dificulta o traballo dos e das profesionais, nin perxudica a doentes e familiares, polo contrario pretende favorecer a súa situación.

A concentracion á que vostede alude, precisamente, para non perxudicar a ninguén, a tralsadamos ao exterior do hospital.

A Xunta de Persoal e SOS Meixoeiro estamos á espera de manter unha reunión con vostede e o Conselleiro, como lle solicitamos en repetidas ocasións.

Este comunicado de resposta o asinan Angel Cameselle Corbacho o presidente da Xunta de Persoal e Miguel Alonso Piñeiro o presidente da plataforma SOS Meixoeiro.

Mentres iso pasaba esta mañá no Meixoeiro,  en Povisa Vázquez Almunia declarou aos medios alí presentes dicindo que haberá dialogo pero iso se, puxo un límite «Non imos abrir camas por abrilas».

Vázquez Amunia atopabase en Povisa de visita dentro dunha rolda para coñecer todos os hospitais de Galicia. «Queremos que todos os pacientes galegos teñan todo tipo de tratamentos», aseverou.

A plataforma SOS Meixoeiro e a Xunta de Persoal da área Sanitaria de Vigo piden como unha das súas principais reivindicacións  a apertura de camas do hospital. Pero para o conselleiro non ten sentido, porque non fan falta. Dio polo crecemento da actividade de cirurxía ambulatoria, que non necesita ingreso. «Se fixesen falta, abriríanse», reiterou.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_Encerro-no-Meixoeiro_03_Vigo_2016 ilcanallarubens_Encerro-no-Meixoeiro_01_Vigo_2016 ilcanallarubens_Encerro-no-Meixoeiro_02_Vigo_2016

Anuncios

Una respuesta a “A Xunta de Persoal e SOS Meixoeiro seguen adiante no seu peche no Meixoeiro

  1. Pingback:Xunta de Persoal do Chuvi e SOS Meixoeiro chaman a participar na marcha de hoxe contra o desmantelamento do hospital | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: