Desmentido dun HOAX sobre as mobilizacións contra a reforma laboral francesa.

ilcanallarubens_desarmando un hoax_paris_2016

Anda a circular esta foto polo facebook e Twitter, decir que esta foto NON e pola reforma laboral francesa, a foto da esquerda no facebook no seu pé de foto pon “Están locos estos gabachos… ¿mira que no querer convertirse en esclavos, como nosotros?”.  Pois dicirlles que a foto é concretamente da histórica manifestación en París contra o terrorismo e a favor da liberdade de expresión, na que preto dun millón e medio de persoas colapsaron o 11 de xaneiro do 2015 as rúas de París nunha impresionante mostra de repulsa contra os atentados á revista Charlie  Hebdo, as cales se cobraron a vida de 12 persoas da publicacion e 5 persoas máis despois de inrumpir no semenario satírico francés.

Naquela manifestacion máis de 2.200 policías foron despregados en rúas e tellados da capital parisiense para garantir a seguridade, e ata un total de 5.500 efectivos -incluídos 1.350 militares- vixiaron todo a área de París.

Tambien naquel entón no resto de Francia houbo tamén numerosas manifestacións contra o terrorismo, que reuniron a polo menos un millón de persoas. Noutras capitais europeas e latinoamericanas tamén se celebraron manifestacións. En varias cidades do noso país, colectivos de cidadáns musulmáns, xudeus, franceses e españois realizaron concentracións.

Na manifestación, unha reunión internacional de loita contra o terrorismo reuniu en París a ministros de Interior e Xustiza de doce países, entre eles España e Estados Unidos, xunto a representantes da Comisión Europea. No encontro decidiuse, entre outras medidas, o aumento dos controis nas fronteiras exteriores da UE.

Rubens Rocha

Por unha cultura informativa baseada en información veraz e contrastabel e na memoria.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: