Os profesionais e as profesionais do CHUVI volven convocar unha nova marcha para o día 22

ilcanallarubens_protesta-meixoeiro_Vigo_2016-758x426

Os profesionais e as profesionais do CHUVI animan a que participen a sociedade civil na marcha xa que depende de todos e todas que o Meixoeiro non siga sendo desmantelado

Na sexta xornada do peche no Meixoeiro, os convocantes desta protesta celebraron unha asemblea na que se acordou convocar unha nova manifestación en defensa do hospital, o próximo día 22. Ademais, SOS Meixoeiro e a Xunta de Persoal emitiron un comunicado para responder ao do xerente da área sanitaria, Félix Rubial, no que defendía o “papel fundamental” deste hospital. Sosteñen que, se é “coherente” co que expresa, “non se entende o peche de camas”. Piden “dotalo de capacidade para atender a pacientes de máis complexidade”e evitar desvíos de cirurxías a clínicas privadas de Vigo e Pontevedra.

Así mesmo, reclaman unha vez máis a creación dunha área de críticos no Meixoeiro para que haxa seguridade para os pacientes de distintas especialidades ingresados neste centro, en lugar de ter que trasladalos ao hospital Álvaro Cunqueiro. Segundo consideran esta unidade debe contar cos recursos materiais e humanos que permitan garantir a súa actividade as 24 horas e con persoal propio. Por último, piden unha reunión ao conselleiro de Sanidade.

 

Pola súa banda, CCOO afirmou nun comunicado que non se pode xustificar o peche de camas cando hai “unhas escandalosas listas de espera cirúrxicas”. Lamentan que tamén se pecharon 70 camas no Cunqueiro, 35 en Otorrino e 35 en Trauma “cando case a metade da lista de espera corresponde a pacientes que esperan por unha operación nestas especialidades”. Critican que se presuma de que no Meixoeiro fanse máis intervencións que nunca e non se explique que a maioría son ambulatorias, mentres que as máis complexas non se poden realizar por non ter unidade de críticos. Esixen unha vez máis a apertura de todas as camas e un plan de choque coa apertura de quirófanos polas tardes que permitiría reducir as listas de espera en preto de 4.000 pacientes. . Reclaman unha UCI con recursos para garantir a súa actividade 24 horas do día”.

Suspensión de cirurxías

O Sergas estreou hai un mes a nova central de esterilización, pero aínda non logrou que asuma todo o traballo da vella. Isto provoca “problemas de coordinación” que onte supuxeron a suspensión de 2 operacións programadas e que se pospuxese durante varias horas unha cirurxía de urxencia tras abrir 7 caixas de material e que estivesen sucias.

Aquí teñen o envento creado na rede social Facebook para esta nova mobilización.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_cartaz-protesta-meixoeiro_Vigo_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: