O Concello de Pontevedra acorda presentar un recurso na Audiencia Nacional contra a prórroga a ENCE

ilcanallarubens_ENCE ELNOSA_Vigo_2016

A paciencia do Concello de Pontevedra da vía administrativa á vía xudicial

A batalla contra a prórroga outorgada a Ence por 60 anos cambia de escenario. A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra acordou interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional contra a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de ampliar a concesión da empresa pasteira para operar desde Lourizán ata o ano 2073.

Esta decisión prodúcese despois de que o requirimento previo e da marcha do pasado sábado, requerimento presentado polo goberno municipal o pasado 22 de marzo, non fora contestado por Medio Ambiente. Esgotado o prazo para esta resposta, segundo a lei, enténdese que esta é negativa e o ministerio ratifica a decisión tomada de autorizar a Ence a continuidade na ría de Pontevedra.

O recurso está a ser ultimado polos servizos xurídicos do Concello.

Trátase de cumprir a “manifestación clara” do grupo de goberno porque Ence “non siga aí aínda que a pinten de rosa”, segundo explicou este luns o seu portavoz, Raimundo González. O edil do BNG reiterou que a empresa xera na ría un “grave problema ambiental”, polo que asegurou que “non pararemos ata que saia das marismas de Lourizán”.

Raimundo González sinalou ademais que os movementos que está a realizar a compañía nas últimas semanas, aproximándose a diferentes colectivos e entidades da comarca, é un “brinde ao sol para lavar a súa imaxe”.

Hai tres días o diario PontevedraViva viña a publicar que ENCE propón a 16 asociacións formar un grupo de traballo pola recuperación da ría. “Un espazo de encontro permanente que facilite que as organizacións e colectivos relacionados coa ría reunámonos periodicamente para intercambiar datos, opinións, inquedanzas e propostas”.

É a invitación que Ence enviou por carta a 16 asociacións e colectivos.

A misiva, escrita polo director da pasteira en Pontevedra. Antonio Casal, pretende crear un grupo de traballo permanente que permita mellorar a calidade das augas da ría.

“Demostrouse que o precario das relacións entre nós non beneficia a ninguén e prexudica á ría e, moi especialmente, á calidade das augas e ao marisqueo”, sinala a empresa.

A correspondencia enviouse, segundo Ence, ás tres confrarías do fondo da ría, áPlataforma polo Saneamento da Ría, Asociación de Pescadores Tenlo de Marín, Autoridade Portuaria, Asociación de Hoteis de Pontevedra, Vaipolorrío, APDR, AJE, AEMPE, Cámara de Comercio, Viaqua, Augas de Galicia, Intecmar e a Plataforma Pro-Industria de Pontevedra.

Na carta, a pasteira se comprete a entregar aos colectivos “toda a información da que dispón ou se lle requira relacionada coa súa actividade, proceso de depuración, etc.”.

O Concello ten de prazo ata o próximo 23 de xuño para presentar este recurso. A intención do goberno municipal é levalo ao próximo pleno da corporación para que esta tamén apoie o inicio deste procedemento legal.

Fonte PontevedraViva

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: