Vigo mostrou a repulsa ante a barbarie de Orlando

ilcanallarubens_Condena tiroteo orlando_00_Vigo_2016

A condena tivo lugar nas escaleiras da porta do museo de arte contemporánea MARCO

Na tarde noite do día de onte, ás 21h concentrábanse os vigueses e as viguesas diante das portas do museo de arte contemporánea MARCO na rúa do Príncipe, a concentración organizada por catro colectivos, os colectivos ALAS Coruña, Ultreia LGTBI, Nós Mesmas e Arelas. A medida que ía chegando a xente as organizadoras con velas facían un crespón no chan xunto ás velas dúas bandeiras do colectivo LGTBI e unha mensaxe que dicía: FRONTE O SEU ODIO ASASINO amor, amor, amor amor, Nós Mesmas con Orlando.

A mesma concentración arrincaba simultaneamente á mesma hora en tres puntos máis da nación galega, na Praza do Toural (Santiago de Compostela), non Obelisco (A Coruña) e diante do concello de Lugo, unha hora antes ás 20h tivo a concentración en Pontevedra na Praza da Peregrina.

Esta concentración tivo en lugar para condenar o tiroteo ocorrido nun club gai en Orlando (Florida, EE.UU.), onde un atentado custou a vida a 50 persoas ata o momento, na condena estiveron representantes os concelleiros da Marea de Vigo, representantes do Bloque Nacionalista Galego, AGE, Partido Socialista Obreiro Español de Galicia e alguns militantes de Podemos.

Nun breve comunicado de Nós Mesmas chamou a “seguir traballando en conxunto para acadar a igualdade real” “Estamos consternadas, o masacre de Orlando é un dos ataques máis graves ao colectivo na historia recente. Agora que nos coma toda a comunidade a nivel mundial estamos a organizar o Orgullo e vemos que pasa isto nunha festa onde se está a celebrar, encóllesenos o corazón”, destacan dende a Asociación Nós Mesmas. Consideran o sucedido como “unha mostra da homofobia existente”. “Non é un caso illado, é consecuencia dunha sociedade que se constrúe dende a base cunha ideoloxía heteropatriacal na que crecemos, na que a LGTBIfobia campa as súas anchas.Ao horror do acontecido hai que sumarlle que en Florida está prohibida a doazón de sangue de persoas gais, lesbianas e bisexuais”, din. “Feitos coma este demostran que non é que un home perdera a cabeza, senón que está sustentado por unha sociedade enferma”, conclúen. Tamén recordan que o movemento LGTBI estivo hoxe non soamente na cidade de Vigo, senón tamén no resto das cidades da Galiza, “Este ano houbo un crecemento das agresións por LGTBIfobia no conxunto do Estado español, e isto tamén é moi preocupante”. “Xa só pensar que hai ideoloxías ou relixiosidades radicais que odian as persoas só polo feito de ser diferentes, é unha mostra de que temos quepreocuparnos e implicarnos para erradicar eses pensamentos”, engadiron.

Tras súa intervención gardouse un riguroso silencio, mentres o lazo do luto da bandeira LGTBI lucía derramando lágrimas polos que nunca máis poderán estar con nós.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_Condena tiroteo orlando_01_Vigo_2016 ilcanallarubens_Condena tiroteo orlando_02_Vigo_2016 ilcanallarubens_Condena tiroteo orlando_03_Vigo_2016 ilcanallarubens_Condena tiroteo orlando_04_Vigo_2016

Manifiesto ao completo:

Os crimenes de Orlando son a clara visibilizacion dunha sociedade onde o rechazo predomina, onde os dereitos e as liberdades das persoas lgtbi non son respetados. Seguimos a ser un dos colectivos mais vulnerables ante os delitos de odio, as agresións que suceden constantemente demostran que a maior visibilidade, mais casos de lgtbfobia, amosando que vivimos nunha sociedade que, a pesar do avance das leis, medra corrompida pola desigualdade e o machismo, atacando calquera condicion que se separe da norma que nos impon o heteropatriarcado. Hoxe mais que nunca, temos que seguir traballando en conxunto para acadar a igualdade real, para deixar claro que estas imposicions non nos levarán de volta ao armario e por iso o movemento lgtbi galego estamos, unha vez mais, unidos na loita, Nos Mesmas en Vigo, Ultreia en Santiago, Alas na Coruña e Arelas en Lugo e apoiados por todas as persoas, Asociacións e colectivos que estades nesta vixilia. Queremos manifestar o noso profundo rechazo a que actos como éste acontezan en calquera parte do mundo e que sigan dandose leis, en supostos estados de dereito, como a da prohibicion de soar sangue a Lgtb, que respalden a lgtbfobia. O noso mais profundo pesame ás familias, amigxs e coñecidxs das vitimas da masacre de Orlando.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: