A A.V. de Teis recolleu na maña de onte 500 sinaturas da veciñanza

ilcanallarubens_recollida-asinaturas-teis_vigo_2016-758x505

A campaña arrinca con bo pé, así manfistouse o seu secretario Anxo Iglesias.

A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña  de recollida de sinaturas, para denunciar o abandono dos terreos da ETEA. Na mesa de recollida de instalada na maña de onte fronte ao mercado recolléronse 500 sinaturas. A campaña arrinca con bo pé,así manfistouse o seu secretario Anxo Iglesias.

Na recollida da pasada mañá atopamos o apoio da veciñanza e había moitas opinións de veciños/as que sinalaban que era unha vergoña, como se atopan estes terreos e os espazos públicos, que houbera moitas promesas e anuncios, pero poucos feitos.

O pasado sábado 4 de xuño na asemblea celebrada na ETEA, acordaron iniciar unha campaña de recollida de sinaturas na parroquia, para denunciar o abandono da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA) e demandar das administracións, Concello de Vigo e Xunta de Galiza, unha maior implicación na ETEA, especialmente no mantemento dos espazos públicos (parque e paseo marítimo).

“A falta de mantemento é un escándalo. Pedimos unha maior conservación e que se instalen papeleiras e baños, ademais da recuperación das instalacións deportivas”, explica o secretario da asociación veciñal, Anxo Igrexas, quen se pregunta tamén polo futuro da piscina. Esta mesma semana o PP denunciou que o Concello expón “cargarlla”. Desde Marinetea, o seu presidente, Carlos Pérez, constata que “a ETEA necesita limpeza” e lembra que desde 2009 só rozouse nunha ocasión. O colectivo que encabeza foi o que tivo a iniciativa ademais de mellorar a iluminación do solar e segue encargándose a día de hoxe o seu mantemento. Na actualidade o recinto está en mans da Xunta, salvo os viarios interiores e instalacións deportivas, das que se encarga o Concello.

Nesta  recollida de sinaturas esixen catro reivindicacións

·        Limpeza e mantemento do parque e do paseo marítimo.

·        Colocación de papeleiras no paseo

·        Instalación duns aseos públicos

·        Apertura de todas as instalacións deportivas

A campaña vai continuar coa recollida de sinaturas a través da  instalación de mesas de recollida, no local social ou en comercios  da parroquia.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_avteis_campaña_Asociacion-Veciñal-de-Teis_Vigo_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: