A carta de Lola

ilcanallarubens_quiosco lola_vigo_2016

Son Lola Estévez e teño un quiosco en Vigo (Galiza) e vou contarvos como é o mundo do quiosco: un mundo cheo de bos momentos pero tamén de momentos de desesperación, cabreo e mesmo cansazo e apatía. É un mundo descoñecido para moitos. Temos a parte de diante na que vives momentos agradables, simpáticos, na que os teus clientes depositan plena confianza na túa persoa. Para alguns e algunhas es a súa vía de escape, o seu quita penas.

Pero na trastienda este mundo cambia. É un mundo onde che oprimen, abusan, lévanche ao límite das túas forzas. Como en todo negocio tes os teus impostos, nos que non importa que gañes ou non, hai que pagar. Pero a isto se unen o descontrol, a ilóxica, o abuso dos nosos distribuidores (eses que che comprímen e comprimen, sen importarlles máis nada que o seu beneficio, un beneficio que nolo sacan da pel a tiras a nos). E isto lévanos a unha tensión continua, cabreos, cansazo, de ver como o MONOPOLIO da Distribución da Prensa Nacional e Revistas leva ata o que non tes, porque cho quitan todo.

Así é como funcionan as distribuidoras neste sector. Mándanche a mercadoría que queren, as cantidades que queren, de luns a venres. Mercadoría que tes que pagar por adiantado, xa que eles pechan a súa facturación os venres, aínda que tes dereito a unha devolución á semana do que non vendas ou queiras. Esa devolución non é recollida ata o luns, polo que o abono non entra na factura da semana senón na da seguinte, cun pouco de sorte. Isto nas semanais, porque nas mensuais o abono non se fai ata o mes seguinte, polo cal as facturas son IMPAGABLES. Se non podes facer fronte a ese pago, córtanche o servizo, ou sexa, non che envían mercadoría ata que pagues aínda que teñas unha aval.

Non chegándolles iso, cóbranche o que eles chaman TRABALLOS AUXILIARES ou XESTIÓN de SERVIZO, que para que nos entendamos son os “pórtes” de toda a vida. Cóbranos segundo a zona (nalgunhas hai ata tres distribuidoras), o quiosco e dependendo da distribuidora que sexa: entre 10,97€ e 37€, aínda que hai algunha que chega a cobrar 45€ + IVE á SEMANA. Polo que vimos pagando entre 49,05€ e 102,68€ + IVE á SEMANA, un total anual de entre 2.354,40€ e 4.928,64€ + IVE por quiosco, eu pódovos dicir que en 11 anos e medio que levo pagueilles 34.000€

Todo isto sae das nosas ganancias que son do 20 – 25% do PVP.

Por se isto non chegase, se o xornal ten promoción e non envías o cupón correspondente, pásanche o cargo do xornal outra vez e envíanche mercadoría (imos chamarlle caducada) de meses anteriores ou mesmo de anos anteriores, co risco para o quiosco de NON ser abonada, polo que eles chaman fóra de prazo. E aí empeza outra loita con copias de albarán onde che cargan esa mercadoría “desfasada”.

Doutra banda, temos aos Editores, que ante a baixada de vendas utilizan aos nosos propios clientes para que se subscriban a un prezo máis barato e con servizo a domicilio. Eles nos din que lles propoñen a recollida en quiosco, pero sabemos polos nosos clientes que se eles non o piden NON llo ofrecen.

Pero non chegando todo isto, algúns xornais están a unir as súas cabeceiras. Por exemplo, o Faro de Vigo e o Marca véndense os luns e sábados, conxunta e inseparablemente a un prezo de 1,30 €. Isto non só nos quita clientes, senón que nos dan unha porcentaxe dun 25% polos dous, cando por separado son un 20% cada un.

Non vos deixedes enganar, non é só a baixada de vendas, a xa manida crise, ou internet. Son elas, as DISTRIBUIDORAS. Dá igual como se chamen: Boreal, SGEL, VALDISME, BERALAN, NOROESTE, SÉCULO XXI, etc., as que nos levan á quebra e posterior peche dos nosos negocios co seu sistema ABUSIVO.

Por iso creei un grupo en facebook https://www.facebook.com/groups/rebelionkioskos.0/ para tentar unir a todos quioscos posibles de España, para acabar co peche masivo.

Desde este grupo pedimos ás distribuidoras que cambien o seu sistema, que nos cobren sobre o vendido e non sobre o enviado e que nos quiten os TRABALLOS AUXILIARES ou XESTIÓN de SERVIZO. Esa será a única forma de conseguir que sigamos abertos.

Aos editores dicirlles que a solución non está nas subscricións ou a venda en conxunto das súas cabeceiras, senón nunha PRENSA LIBRE e de CALIDADE, non no que a converteron en folletines propagandísticos.

Aos políticos, que necesitamos unha normativa que se axuste aos tempos nos que vivimos xa que nosa Normativa é do ano 1972.

Aos kiosqueros, a eses que teñen “medo” ás distribuidoras, que se estamos todos xuntos conseguiremos cambiar isto.

A todos, que nos axudedes a facer público isto xa que somos moitas as familias que dependemos do noso negocio para saír adiante.

Agora xa sabes porque pechan os quioscos na cidade

Ultimate_HDR_Camera_20160608_210148

Anuncios

Una respuesta a “A carta de Lola

  1. Pingback:O grupo Rebelión dos Kioskos fai un comunicado | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: