Hoxe é 17 de Xuño Día Mundial de Loita contra a Desertificación

ilcanallarubens_Día Mundial de Loita contra a Desertificación_2016

Tema deste ano: Cooperación inclusiva para lograr neutralizar a degradación da terra. Slogan: Protexer o Planeta. Recuperar a terra. Participación da xente.

Nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) post-2015 probablemente non hai un asunto máis importante para todos como o da terra. Desde os alimentos que consumimos á roupa que nos poñemos ou as casas en que vivimos, todo provén dos recursos do chan. Co fin de que «ninguén quede atrás» como se proclama nos ODS, neutralizar a degradación da terra é un asunto prioritario para cubrir as nosas necesidades e lograr un desenvolvemento sustentable.

No Día Mundial de Loita contra a Desertificación resáltase a importancia da cooperación inclusiva para recuperar e rehabilitar chan degradado e avanzar con iso cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable na súa totalidade.

Tema e slogan

Unha cooperación inclusiva entre todos os actores é fundamental para que a neutralización da degradación do chan sexa unha solución fundamental para alcanzar os ODS. O slogan «Protexer o planeta. Recuperar a terra. Participación da xente» subliña a importancia dunha participación ampla e da cooperación co fin de deter a degradación do chan.

Conmemoración a nivel mundial

O evento conmemorativo central terá lugar o 17 de xuño de 2016 en Beijing, China, auspiciado polo State Forestry Administration of China (SFA). En 2013 China puxo en marcha unha nova estratexia de desenvolvemento, «The Belt and Road», encamiñada a fortalecer a cooperación entre países, sobre todo en Eurasia. Desde entón, estivo promovendo a construción de infraestrutura respectuosa co medio ambiente e baixa en emisións contaminantes, en cooperación con países veciños conectados pola histórica Ruta da Seda.

Coa organización do acto central en China, o Día Mundial de Loita contra a Desertificación de 2016 mostrase como neutralizar a degradación da terra pode ser un elemento crave para o logro doutros obxectivos de desenvolvemento sustentable e de forma especial para a promoción dun crecemento económico duradeiro e inclusivo. Durante ese evento, o país anfitrión anunciase a iniciativa “One Belt and One Road Joint Action to Combating Desertification Initiative”, xunto con outros países interesados e asociados.

En 1994, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 17 de xuño como o Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca (resolución 49/115 Documento PDF) para fomentar a conciencia pública sobre o tema, así como tamén a posta en acción Documento PDF da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación (CNULD) Disponible en inglés naqueles países afectados xa sexa por graves secas, por desertificación, ou por ambas, en particular en Africa.

Rubens Rocha Traducción

Fonte Nacions Unidas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: