Terapeutas de Vigo realizaran valoracións do estado físico de balde na Porta do Sol para reclamar a mellora dos servizos

ilcanallarubens_CartelTerapeutasVigoValoracions_Vigo_2016Terapeutas de Vigo realizaran valoracións do estado físico de balde na Porta do Sol para reclamar a mellora dos servizos de fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional na sanidade pública.

Baixo o lema “valora a túa saúde”, a Plataforma de Terapeutas de Vigo instalará o próximo sábado 18 de xuño, na Porta do Sol, unha carpa na que realizarán  valoracións gratuítas para valorar o estado físico da cidadanía. Os exames serán practicados en horario de 10:30h a 20h por profesionais da sanidade pública das disciplinas da fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional.

Con esta acción o colectivo quere poñer o foco na importancia de reforzar estas terapias dentro da sanidade pública. A Plataforma, nacida hai poucos meses, xurdiu para “denunciar a situación de precariedade que como profesionais padecemos no ámbito da sanidade pública e loitar por mellorala”.

A súa principal reivindicación é, segundo explican, “o desenvolvemento das terapias dentro da carteira de servizos da sanidade pública para atinxir a mellor dos e das pacientes”. Para iso, demandan dispoñer dos medios humanos e materiais necesarios para ofrecer tratamentos de calidade, dar a coñecer á poboación os recursos dispoñíbeis e divulgar a labor dos fisios, logopedas e terapeutas ocupacionais tanto no ámbito sanitario como para a poboación en xeral. Desta maneira, queren divulgar o valor sanitario destas terapias e a súa importancia para a mellora da saúde. Ademais, reclaman a desaparición dos concertos privados para apostar pola sanidade pública.

A Plataforma xa realizou unha protesta o pasado 29 de maio en Silleda, coincidindo cos exames da OPE de fisioterapia para o Sergas, para denunciaren a falla de prazas na oferta de emprego pública de 2016, despois de que só se convocaran 11 para toda Galiza na convocatoria dos anos 2014-2015. No acto gardaron un minuto de silencio, para alertar do risco de desaparición dos servizos sanitarios que prestan de non aumentar o número de prazas públicas para estes profesionais.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: